A pulseira cashless é o único método de pago no festival

Para poder pagar nos puntos de bebida ou de merchandising, deberás contar con esta pulseira, que obterás ao acceder ao recinto.

Como funciona?

Ao acceder ao recinto, o persoal da organización acompañará ao público até o seu sector correspondente. Nese momento, o persoal de SonRías Baixas 2021 ofrecerá a pulseira por se queres consumir nas barras ou no punto de venda do merchandising. Lembra que a pulseira será o único método de pagamento aceptado. 

Para activala e incorporar saldo, tes tres opcións:

 

1. Desde aquí, introducindo o código que ten o chip.

2. Nos tótems de recarga que atoparás en cada sector (con tarxeta de crédito).

3. Nos puntos de recarga do recinto (en efectivo ou tarxeta).

Lembra que poderás utilizar a recarga, ou incorporar máis saldo, durante os seis días do ciclo de concertos.

Devolucións

Se cando rematen os concertos e marches do recinto, aínda tes saldo na túa pulseira, poderás solicitar a devolución en liña do teu diñeiro AQUÍ. Para isto é moi importante que non perdas a túa pulseira nin a tires cando remate o evento!

O prazo para solicitar a devolución será do martes 10 de agosto (00.01 horas) até o martes 17 de agosto (23.59 horas). A través de www.sonriasbaixas.info, poderás introducir o número de serie ou código asociado ao teu chip para solicitar a devolución. Coida a túa pulseira ata entón!

As devolucións realizaranse a partir do 18 de agosto.

FAQs

Cal é o método de pago no interior do recinto?
En cumprimento do protocolo covid-19, coa finalidade de evitar contactos innecesarios, a pulseira cashless será o único metodo de pago aceptado nos puntos de bebida e merchandising dentro do recinto.

Que é unha pulseira cashless?
É unha pulseira que incorpora un chip que permite o pago en todos os puntos de bebida e merchandising do SonRías. Cada pulseira ten un chip diferente, claro.

Como funcionan os pagos cashless?
Cando teñas que realizar un pago de bebida ou merchandising, a organización escaneará cun dispositivo móbil o chip da túa pulseira. Verás o importe a pagar e o saldo restante da túa pulseira. E, sen máis contacto, o pago quedará feito no momento.

Podo mercar entradas coa miña pulseira cashless?
Non, a pulseira só estará habilitada para a compra de bebida ou merchandising no recinto.

Como podo obter a pulseira cashless? Estarán no recinto ou teño que recollela antes?

Ao acceder ao recinto –lembra que no teu correo electrónico e nas nosas faqs atoparás as indicacións precisas dos horarios e puntos de acceso recomendados!-, o persoal da organización acompañará ao público ao seu sector correspondente. Nese momento, o persoal ofrecerá a pulseira para que poidas consumir nas barras e no punto de venda do merchandising.

A pulseira vale para todas as xornadas do ciclo de concertos?
Efectivamente. A túa pulseira terá validez ao longo de todo o ciclo de xeito que, se a recolles o primeiro día, poderás utilizala até o último. Tamén poderás recargala cada día. A pulseira e o chip son resistentes ao auga, por certo! 😉

Ter a pulseira permíteme saír ou entrar do recinto?
Non. A pulseira, unicamente, é un método do pago no interior do recinto. Lembra que, en cumprimento do protocolo covid-19, só poderas saír do recinto unha vez rematen os concertos.

A pulseira leva saldo incorporado?
Non, a pulseira únicamente leva o chip, e este leva asociado un código. Para poder utilizala deberás facer unha recarga mínima de saldo. Mais non te preocupes: todo o que non utilices, poderás telo de volta. Cando remate o ciclo de concertos, realizaremos as devolucións sempre que se soliciten (do 10 ao 17 de agosto)!

Como podo introducir ou recargar saldo?
No momento que dispoñas da pulseira, poderás recargala a través de varios métodos:
– Desde a web (aquí), introducindo o código que ten o chip.
– Nos tótems de recarga que atoparás en cada sector (con tarxeta).
– Nos puntos de recarga do recinto (en efectivo ou tarxeta).

Cal é o mínimo saldo que debo de introducir?
– Desde a web (aquí) poderás recargar os seguintes importes: 10€, 20€, 30€, 40€, 50€, 60€, 70€, 80€, 90€ e 100€
– Se decides facer a recarga no interior do recinto, o mínimo en efectivo será de 2€, mentres que se fas a recarga con tarxeta, o mínimo será de 5€. O máximo, nos dous casos, será 200€.

Cando podo recargar o saldo?
Podes facelo durante todo o evento tanto nos puntos de recarga que SonRías instala en cada sector e nos tótems, ou mesmo a través do teu teléfono móbil na web (aquí).

Como podo consultar o saldo que teño na miña pulseira?
Cada vez que pidas unha consumición, cando o persoal da organización achege o escáner a túa pulseira, verás o importe que vas pagar e o saldo restante que queda.

Se ao final do evento teño saldo na miña pulseira, podo solicitar a súa devolución?
Efectivamente. Unha vez remate o ciclo de concertos, entre os días 10 e 17 de agosto, poderás solicitar a devolución a través da páxina web do festival, www.sonriasbaixas.info. Polo tanto, lembra non tirar nin perder a túa pulseira, xa que deberás incorporar o número asociado ao chip para solicitar a devolución.

Que pasa se perdo a miña pulseira?
É moi importante que isto non pase para que poidas solicitar a devolución. Por iso, non momento do acceso ao recinto, a organización será a responsable de colocar a pulseira ao público, quen se fai reponsable de validar que está correctamente pechada e, asemade, de conservala en todo momento en perfecto estado.

Cóidaa, porque perder a túa pulseira será perder o teu saldo. E lembra que a pulseira é resistente, mais non é irrompible, polo que non se cambiará unha pulseira en mal estado por outra, nin se repondrán pulseiras perdidas.