Comunicado Oficial: O 18º SonRías Baixas, aprazado ao verán de 2021

Sentimos moitísimo ter que comunicarvos que, finalmente, non poderemos celebrar o 18ª Festival SonRías Baixas nas datas previstasos días 30, 31 de xullo e 1 de agosto deste 2020. A evolución da crise sanitaria sen precedentes que estamos a padecer e a indefinición nas medidas que debemos aplicar os eventos musicais na nova normalidade para garantir a vosa seguridade obrígannos a pospor o noso 18º aniversario aos días 5, 6 e 7 de agosto de 2021.  

Agradecémosvos a paciencia e os ánimos que nos transmitistes estas últimas semanas, nun momento tan triste e incertoEstamos a traballar xa no cartel do próximo anoao que se están sumando a maioría dos artistas que tiñamos confirmados para esta edición.  

As vosas entradas valerán para o SonRías Baixas 2021 e as persoas que decidades conservalas recibiredes unha pequena compensación, pola vosa fidelidade e confianza. E é que, se conservades a vosa entrada, axudádesnos a sobrepornos nun momento de gran dificultade e dádesnos forzas para seguir soñando para vós unha experiencia inolvidable. Pero, por suposto, se non queredes ou non podedes conservar o voso ticket con Destino SonRías 2021, devolverémosvos o importe. Ao longo do día de hoxe recibiredes todos os detalles no correo que nos destes cando comprastes a entrada. Por favor, se o luns 25 de maio non recibistes noticias nosas, escribídenos a festival@sonriasbaixas.info. 

Lamentamos moitísimo os inconvintes que esta situación vos poida causar, pero a saúde do noso público, dos artistas e do resto das persoas que colaboran co festival é o máis importante para nós. Sodes a nosa familia. Traballamos todo o ano para poder compartir con vós tres días e tres noites de música, de praia e de amizade, o festival que a nós nos gustaría gozar como público. Non poder facelo este ano pártenos o corazón. 

E sabemos que público, artistas e organización non somos os únicos afectados por esta situación. O SonRías Baixas congregou o pasado mes de agosto en Bueu a 22.065 persoas, xerando na comarca un impacto superior ao millón de euros, cunha ocupación hoteleira do 100% e cos establecementos da vila ateigados de festivaleiros e festivaleiras de toda Galicia e do resto do Estado. Este verán non poderemos achegar esa riqueza económica e cultural á os aterra e iso prodúcenos, tamén, unha enorme tristeza. 

Agradecemos a preocupación e a vontade de comunicación que nos amosaron as institucións públicas que patrocinan o evento, nomeadamente o Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. E agardamos poder ofrecervos, da súa man, un pestiquiño do SonRías nas datas nas que tiñamos pensado celebrar o festival. Non será o mesmo, pero será. E con iso teremos que conformarnos ata os días 5, 6 e 7 de agosto de 2021, cando por fin poderemos bailar, cantargozar e sorrir con vós, de novo. 

Iso é o único que importa hoxe. Coidádevos. Agardádenos.