CONDICIÓNS DE ACCESO A MENORES

En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Organización dos concertos MicroSonRías Baixas establece as seguintes normas de acceso para menores de idade:

  • Todo menor de 16 anos de idade que vaia a acceder debe ir acompañado dun proxenitor ou titor/a. Ao acceder ao recinto de concertos os proxenitores ou titores deberán entregar unha fotocopia do seu DNI e do DNI do menor, dar un número de teléfono de contacto e asinar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar previamente aquí. Se o acompañante non é un titor/a legal, deberá achegar a maiores a seguinte documentación: Autorización de asistencia por parte do pai, nai ou titor legal do/a menor acompañada de fotocopia de DNI, libro de familia ou pasaporte de ambos. O acceso será gratuíto para os menores de 3 anos (incluídos) previa adquisición de entrada. (entradas)
  • Os/As menores de entre 16 e 17 anos poden acceder ao recinto de concertos sen a compañía dun adulto pero deben presentar igualmente, antes de acceder ao recinto, unha fotocopia do seu DNI e outra do DNI do seu proxenitor ou titor e unha autorización asinada por este último. Na autorización, da que podedes descargar un modelo aquí, o proxenitor ou titor autoriza a entrada ao recinto de concertos.
    En cumprimento da normativa vixente, a Organización establece as seguintes normas xerais para os menores de idade dentro do recinto de concertos:
  • Todos os/as menores de idade deberán entregar a autorización de menores para acceder ao recinto de concertos.
  • Todo menor que non se atope ao cargo de /autorizado por un maior de idade, será expulsado do recinto, previa posta en coñecemento das autoridades competentes.
    A Organización do evento poderá denegar o acceso ou ben expulsar do recinto a quen incumpra as presentes Condicións Xerais de Uso, a quen desatenda as indicacións do persoal da Organización e de Seguridade e a quen provoque unha situación de risco para si mesmo ou para as outras persoas asistentes ao evento: manifestando actitudes violentas, portando drogas ou mostrando síntomas de consumilas, atopándose en estado de intoxicación aparente ou potencial, dificultando o desenvolvemento normal do evento, introducíndose en espazos de acceso restrinxido pola Organización, etc. Responsabilizándose persoalmente ao portador, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos materiais.
  • Todo intento de estafa, violación, violación, subtracción, roubo, así como os danos á propiedade persoal causados directa ou indirectamente á Organización, artistas ou empregados da mesma autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes.