CONDICIÓNS DE ACCESO A MENORES

ENTRADAS:

    • As menores e os menores de 2 a 12 anos (incluídas), por razóns de control de acceso e capacidade do recinto, deberán adquirir unha entrada de menor, dispoñibles nas ZONAS B e C marcadas en AMARELO que se indican no plano do recinto, e cumprir cos requisitos indicados a continuación.
    • As menores e os menores de 13 a 17 anos (ambas idades incluídas) deberán adquirir unha entrada de persoa adulta.

En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Organización de SonRías Baixas estabelece as seguintes normas de acceso para menores de idade.

CONDICIÓNS:

    • Toda ou todo menor de 16 anos de idade que queira acceder ao recinto debe de estar acompañada dun proxenitor, titor ou titora. Ao acceder ao recinto de concertos, os responsables ou titores deberán entregar unha fotocopia do seu DNI e do DNI da menor, dar un número de teléfono de contacto e asinar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar, previamente,  aquí. Se o acompañante non é o titor ou titora legal, deberá achegar, ademais, outra documentación: autorización de asistencia por parte da nai, pai ou titor/titora legal da menor, acompañada de fotocopia do DNI, libro de familia ou pasarporte de ambas.
    • As e os menores de entre 16 e 17 anos poden acceder ao recinto de concertos sen a compañía dunha persoa adulta, mais deben de presentar, igualmente e antes de acceder ao recinto, unha fotocopia do seu DNI e outra do DNI dp proxenitor, titor ou titora, ademais dunha autorización asinada por esta última persoa. Na autorización, da que se pode descargar un modelo  aquí, a persoa responsable legal autorizará a entrada ao recinto de concertos.

En cumprimento da normativa vixente, a Organización estabelece as seguintes normas xerais para as e os menores de idade dentro do recinto de concertos.

    • Todas as e os menores de idade deberán entregar a autorización de menores para acceder ao recinto de concertos
    • Toda e todo menor que non se atope baixo a autorización, supervisión ou cargo dunha persoa adulta, maior de idade, será expulsada do recinto, previa posta en coñecemento das autoridades competentes.