CONDICIÓNS XERAIS DO CONTRATO POLO QUE SE ADQUIRE A ENTRADA PARA OS CONCERTOS DO SONRÍAS BAIXAS 2021

 

ACEPTACIÓN E INCORPORACIÓN CONTRACTUAL

A adquisión da presente entrada outorga ao adquirinte un título nominativo, que lle permite acceder ao recinto musical no que se celebrarán os concertos do SonRías Baixas do 3 ao 8 de agosto de 2021, o día seleccionado ao realizar a compra. A entidade reservase o dereito de poñer á venda entradas diferentes ás consideradas nas presentes condicións, previa publicación destas por este mesmo medio.

A crise sanitaria provocada pola covid-19 pode obrigar á Organización a implementar medidas excepcionais ás reflectidas nas seguintes condicións xerais coa finalidade de preservar a seguridade e saúde das e dos asistentes ao SonRías Baixas. Estas condicións poderán sufrir en calquera momento variacións como consecuencia das indicacións que poidan establecer as autoridades competentes e que serán notificadas pola Organización aos compradores das entradas a través da dirección de correo electrónico facilitada no momento de realizar a compra.

As condicións de acceso e permanencia no recinto están suxeitas á normativa vixente en materia sanitaria para previr os contaxios por covid-19 e poden sufrir modificacións en función da aprobación de novas normas que modifiquen as condicións vixentes no momento de adquisición da entrada.

O contrato polo que se adquire a entrada rexerase polas seguintes condicións xerais:

A adquisición da entrada para o SonRías Baixas supón a aceptación das seguintes Condicións Xerais de Uso, ofrecidas por Play Plan Cultural SLU (en adiante a Organización/promotora), con CIF B-94168705, domiciliada en Bueu, na rúa Ramón Bares, 42 baixo (CP 36390).

ENTRADA

Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin se reembolsará o seu importe. No caso de anulación total do evento, a Organización comprométese a devolver o importe da entradas, pero non o custo da distribución que as canles de venda aplican ao prezo da mesma, ao tratarse dun servizo emprestado polas canles de venta non momento da compravenda da entrada.

En ningún caso se devolverá o importe das entradas se a cancelación se produce unha vez que comeza o evento.

Durante o proceso de compra, o comprador terá que indicar os nomes, apelidos e número de teléfono de cada unha das persoas que asistan ao concerto con cada entrada adquirida. As entradas son nominais: a persoa que apareza na entrada non poderá ser outra diferente a que asiste ao evento. A tal efecto, poderase requirir o DN ou pasaporte para acreditar a súa identidade á hora de acceder ao recinto no que se celebran os concertos.

As entradas están asociadas a asentos numerados e preasignados. Porén, se fose necesario para un axeitado cumprimento das medidas de seguridade vixentes, a numeración de localidades poderá sufrir variacións ás condicións anunciada no momento de compra da entrada. A Organización poderá resituar dentro da zona adquirida aos espectadores para garantir así a distancia de seguridade dentro do recinto con outros asistentes e incluso retirar as cadeiras se a normativa que estea vixente no momento da celebración así o permite. Se isto acontece, a Organización notificará ás asistentes os seus novos asentos ou espazos preasignados. Será posible o agrupamento do público nos límites e condicións que estableza a normativa no momento da celebración. A compra de varias entradas á vez non garante dito agrupamento. A Organización poderá requirir a entrega dunha declaración responsable ou documento análogo en relación á condición de unidade familiar ou de convivencia.

As entradas poderanse adquirir unicamente nas canles de venda autorizadas pola Organización, a saber, www.sonriasbaixas.info e Enterticket,  e non se fará responsable das entradas que non se adquiran mediante estas canles de venda. Toda entrada duplicada, danada, rachada ou con indicios de falsificación, autorizará á Organización a impedir ao seu portador o acceso ao recinto, así como a tomar as medidas legais pertinentes contra o titular da mesma, que asume toda a responsabilidade no caso de que esta se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada.

Infórmase ao respecto da realización de controis electrónicos de seguridade á entrada do recinto con tecnoloxía de lectura de detección de entradas fraudulentas. A admisión queda supeditada ao feito de dispor da entrada completa a en boas condicións.

Para entrar ao recinto deberase amosar a entrada, que se escaneará para a súa verificación. No momento de presentar a entrada, a persoa deberase identificar co DNI no caso de que a Organización así o solicite.

A Organización non se fai responsable de calquera roubo, dano ou outra actuación delitiva que se poida ocasionar dentro do recinto de concertos ou de calquera outro recinto habilitado pola organización.

ADMISIÓN

A Organización resérvase o dereito de admisión, segundo a lexislación vixente. As condicións de acceso e permanencia no recinto están suxeitas á normativa vixente en materia sanitaria para previr os contaxios por covid-19 e poden sufrir modificacións en función da aprobación de novas normas que modifiquen as condicións vixentes no momento de adquisición da entrada.

Para garantir a seguridade de todas as asistentes, toda persoa que non cumpra coas normas de seguridade covid-19, será obrigado a abandonar o recinto.

As persoas que accedan ao recinto de concertos polos accesos sinalados pola Organización, poderán ser rexistradas. O rexistro será realizado por persoas legalmente habilitadas e cumprindo coas disposicións legais en materia de control de accesos a recintos de pública concorrencia. A seguridade do público e das e dos profesionais que traballan no SonRías Baixas é unha prioridade para a Organización. Para evitar riscos para a integridade das persoas e para a seguridade alimentaria, estableceranse as seguintes normas sobre introdución de obxectos, de comidas e bebidas:

        • Non se permitirá, en ningún caso, a introdución de ningún tipo de arma ou de obxecto que se poida considerar como potencialmente perigoso para as demais asistentes ou para as artistas. Conforme á normativa vixente, estes obxectos poderán ser requisados pola Organización e devoltos á persoa propietaria no momento que abandone, definitivamente, o recinto.
        •  Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con botellas de plástico brando con auga de até 0,5 litros; sempre que estea precintada (quitarase o selo ao acceder ao recinto). Non se permitirá o acceso ao recinto de bebidas que veñan en envases de cristal, metal, cerámica, louza, plástico duro ou calquera outro material que poida ser usado como obxecto contundente ou cortante.
        • Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con comida para consumo individual, envolta en teas, film, papel de aluminio ou elementos semellantes. Non se permitirá o acceso ao recinto de comidas que veñan en envases diferentes aos envoltorios citados. Considerarase que calquera envase pechado ou con tapa é susceptible de ser usado como obxecto contundente pola súa propia natureza ou pola combinación de contedor e contido.
        • Por motivos de seguridade alimentaria, as persoas que queiran acceder con comida –para consumo propio- deberán presentar unha declaración responsable, debidamente firmada, na que exoneren á organización polos danos á saúde que poida provocar devandita comida no evento. Non se permitirá a introdución no recinto de concertos de ningún alimento que non veña acompañado desta declaración. Podes consultar ou descargar un modelo de declaración  aquí.

MENORES DE IDADE

En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Organización de SonRías Baixas estabelece as seguintes normas de acceso para menores de idade.

  • Entradas:
      • As e os menores de 0 a 12 anos (incluídas), por razóns de control de acceso e capacidade do recinto, deberán adquirir unha entrada de menor dispoñibles nas filas que se indican no plano do recinto e cumprir cos requisitos indicados anteriormente.
      • As e os menores de 13 a 17 anos (ambas idades incluídas) deberán adquirir unha entrada de persoa adulta.
    • Condicións:
          • Toda ou todo menor de 16 anos de idade que queira acceder ao recinto debe de estar acompañada dun proxenitor, titor ou titora. Ao acceder ao recinto de concertos, os responsables ou titores deberán entregar unha fotocopia do seu DNI e do DNI da menor, dar un número de teléfono de contacto e asinar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar, previamente,  aquí. Se o acompañante non é o titor ou titora legal, deberá achegar, ademais, outra documentación: autorización de asistencia por parte da nai, pai ou titor/titora legal da menor, acompañada de fotocopia do DNI, libro de familia ou pasarporte de ambas.
          • As e os menores de entre 16 e 17 anos poden acceder ao recinto de concertos sen a compañía dunha persoa adulta, mais deben de presentar, igualmente e antes de acceder ao recinto, unha fotocopia do seu DNI e outra do DNI dp proxenitor, titor ou titora, ademais dunha autorización asinada por esta última persoa. Na autorización, da que se pode descargar un modelo  aquí, a persoa responsable legal autorizará a entrada ao recinto de concertos.
          • En cumprimento da normativa vixente, a Organización estabelece as seguintes normas xerais para as e os menores de idade dentro do recinto de concertos.
          • Todas as e os menores de idade deberán entregar a autorización de menores para acceder ao recinto de concertos
          • Toda e todo menor que non se atope baixo a autorización, supervisión ou cargo dunha persoa adulta, maior de idade, será expulsada do recinto, previa posta en coñecemento das autoridades competentes.
          • A Organización do evento poderá denegar o acceso ou ben expulsar do recinto a quen considere que incumpra as presentes Condicións Xerais de Uso, a quen non atenda ás indicacións do persoal da Organización e Seguridade, e a quen provoque unha situación de risco para si mesma ou para as outras persoas asistentes ao evento: manifestando actitudes violentas, levando drogas ou amosando síntomas de telas consumido, encontrándose en estado de intoxicación aparente ou potencial, dificultando o desenvolvemento normal do evento, introducíndose en espazos de acceso restrixindo pola Organización, …etc. Responsabilizando persoalmente ao portador, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos materiais.

Todo intento de estafa, violación, sustracción, roubo… así como os danos á propiedade intelectual causados directa ou indirectamente á Organización, artistas ou empregados da mesma autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra as causantes.

    DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E IMAXE

    O público asistente poderá aparecer DE MANEIRA INCIDENTAL en imaxes tomadas por diferentes medios de comunicación, a Organización, terceiros autorizados por esta ou calquera artista para a súa posterior difusión, consintindo expresamente un uso promocional e/ou comercial das imaxes captadas. A asistencia ao evento supón a aceptación de que se faga uso, de forma gratuíta e sen contraprestación algunha, da súa voz, imaxe e nome en retransmisións televisivas, radiofónicas ou redes sociais, ao vivo ou en diferido, en vídeo, en fotografías ou calquera outro medio ou soporte presente ou futuro.
    * Enténdese por toma incidental de imaxes de unha persoa toda gravación de imaxes de unha persoa realizada co gallo dunha gravación de imaxes de grupo, paisaxes e outras semellantes que, inclúan a imaxe dunha ou máis persoas, que aparezan de modo aleatorio e non predeterminado co obxecto de documentar eventos ou informar sobre acontecementos de actualidade, sen que o propósito da gravación sexa a fixación da imaxe da persoa ou persoas que nela aparecen, de xeito que, eventualmente, esta persoa ou persoas poidan ser recoñecibles en función de como sexa a súa imaxe fixada.

    O público asistente recoñece e acepta que a Organización ostenta e é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual, industral e calquera outros, incluídos os de imaxe, derivados, directa ou indirectamente, das representacións artísitcas ou calquera outras que tivesen lugar co gallo da celebración do SonRías Baixas, sen limitación territorial nin temporal, e sen ningunha outra limitación máis que as dispostas na vixente Lei de Propiedade Intelectual.

    Para acceder con cámaras de uso profesional, será obrigatorio contar cunha autorización da promotora, así como unha acreditación do departamento de prensa da Organización. Pdes contactarnos  aquí  para solicitala.

    A posesión desta entrada non outorga o dereito ao seu posuídor ou a terceiros a utilizar a mesma, ou o seu contido, con finalidades publicitarias, de marketing, revenda ou de promoción (incluídos os concursos, agasallos e /ou sorteos). O incumprimento deste punto, sen autorización expresa e fidedigna da Organización, obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalización equivalente a mil veces o prezo da entrada máis elevada do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Asi mesmo, queda anulada a licenza incorporada na presente.

    PROTECCIÓN DE DATOS

    De conformidade co disposto na Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos facilitados tanto en web como na plataforma de compra de entradas serán comunicados á Promotora para a xestión do evento e dos seus clientes.

    A Organización resérvase a facultade de modificar as presentes Condicións Xerais previa publicación das mesmas por este mesmo medio, sendo responsabilidade da persoa usuaria a súa debida lectura no momento de cada acceso e/ou utilización. Calquera reclamación deberase acompañar, de xeito obligatorio, coa presentación da entrada.