CONDICIÓNS XERAIS DO CONTRATO POLO QUE SE ADQUIRE A ENTRADA PARA OS CONCERTOS DO SONRÍAS BAIXAS 2022

 

ACEPTACIÓN E INCORPORACIÓN CONTRACTUAL

A adquisición da presente entrada outorga á persoa que a adquire un título nominativo, que lle permite acceder ao recinto musical onde se celebrarán os concertos do Festival SonRías  Baixas os días 4, 5 e 6 de agosto de 2022, o ou os días seleccionados ao realizar a compra. Ademais, a adquisición do abono do festival tamén dará acceso á zona de acampada se o usuario ou usuaria escolle esa opción á hora de facer a súa compra. A entidade resérvase o dereito para poñer á venda entradas diferentes ás consideradas nas presentes condicións, previa publicación destas por este mesmo medio. 

A crise sanitaria provocada por COVID-19 pode obrigar á Organización a implementar medidas excepcionais ás reflictidas nas seguintes condicións xerais coa finalidade de preservar a seguridade e saúde das e dos asistentes ao Festival SonRías Baixas. Estas condicións poderán sufrir en calquera momento variacións como consecuencia das indicacións que poidan ser establecidas polas autoridades competentes. No caso de suceder, serán notificadas pola Organización aos compradores das entradas a través da dirección de correo electrónico facilitada ao realizar a compra.    

Tanto as condicións de uso e habilitación da zona de acampada como as de acceso e permanencia no recinto dos concertos estarán suxeitas á normativa vixente en materia sanitaria para previr os contaxios por COVID-19, e poderán sufrir modificacións en función da aprobación de novas normas que modifiquen as condicións vixentes no momento de adquisición da entrada.   

O contrato polo que se adquire a entrada rexerase polas seguintes condicións xerais:

A adquisición da entrada para o SonRías Baixas supón a aceptación das seguintes Condicións Xerais de Uso, ofrecidas por Play Plan Cultural SLU (en adiante a Organización/promotora), con CIF B-94168705, domiciliada en Bueu, na rúa Ramón Bares, 42 baixo (CP 36390).

ENTRADA

Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será reembolsado o seu importe. En caso de anulación total do evento a Organización comprométese a devolver o importe da entrada, pero non o custo de distribución que as canles de venda aplican ao prezo da mesma, ao tratarse este de un servizo prestado polas canles de venda no momento da compravenda da entrada. En ningún caso se devolverá o importe das entradas se a cancelación se producise unha vez comezado o evento.   

A Organización resérvase o dereito para alterar ou modificar o programa do evento, ou suspender ou alterar calquera das actividades e actuacións propostas no cartel. 

Durante o proceso de compra, o/a comprador/a terá́ que indicar os nomes, apelidos e número de teléfono de cada unha das persoas que acudan ao concerto con cada entrada adquirida. As entradas son nominais: a persoa que veña reflectida na entrada non poderá ser outra persoa diferente á asistente ao evento. Para ese efecto poderáselle requirir o D.N.I. ou pasaporte para acreditar a súa identidade á hora de acceder ao recinto onde se celebran os concertos. 

As entradas poderanse adquirir unicamente nas canles de venda autorizadas pola Organización, a saber, www.sonriasbaixas.info e Enterticket,  e non se fará responsable das entradas que non se adquiran mediante estas canles de venda. Toda entrada duplicada, danada, rachada ou con indicios de falsificación, autorizará á Organización a impedir ao seu portador o acceso ao recinto, así como a tomar as medidas legais pertinentes contra o titular da mesma, que asume toda a responsabilidade no caso de que esta se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada.

Con respecto a isto, infórmase da realización de controis electrónicos de seguridade á entrada do recinto con tecnoloxía de lectura de detección de entradas fraudulentas. A admisión queda supeditada ao feito de dispoñer da entrada completa e en boas condicións. 

Para entrar ao recinto deberás mostrar a túa entrada, que será escaneada para a súa verificación. Deberás identificarte con DNI no caso de que a organización o solicite. 

A entrada debe de ser trocada por unha pulseira nos despachos de billetes situados xunto á entrada ao recinto. A pulseira  cahsless é o único acceso válido tanto para o recinto dos concertos como para a zona de acampada, así como o único método de pago admitido no festival. Esta pulseira é persoal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas. A organización colocará a pulseira á persoa usuaria final, que se fai responsable de validar que estea correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. É resistente, pero non é irrompible. Baixo ningún concepto, e ata que termine o Festival, quites a túa pulseira, xa que rompería e perderías o teu dereito para acceder ao recinto. A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se repoñerá unha pulseira perdida. 

A Organización non se fai responsable de calquera furto, roubo, dano ou outra actuación delituosa que se poida ocasionar dentro do recinto de concertos ou de calquera outro recinto habilitado pola organización. 

ADMISIÓN

A Organización resérvase o dereito de admisión, segundo a lexislación vixente. 

As condicións de acceso e permanencia no recinto están suxeitas á normativa vixente en materia sanitaria para previr os contaxios por COVID-19, e poden sufrir modificacións en función da aprobación de novas normas que modifiquen as condicións vixentes no momento da adquisición da entrada.   

Para garantir a seguridade de todos/as os/as asistentes, a quen non cumpra coas normas de seguridade COVID obrigaráselle a abandonar o recinto. 

As persoas que vaian acceder ao recinto de concertos polos accesos sinalados pola Organización poderán ser rexistradas. O rexistro será realizado por persoas legalmente habilitadas e cumprindo coas disposicións legais en materia de control de accesos a recintos de pública concorrencia. A seguridade do público e dos/as profesionais que traballan no SonRías  Baixas é unha prioridade para a Organización. Para evitar riscos para a integridade das persoas e para a seguridade alimentaria, establécense as seguintes normas sobre introdución de obxectos, de comidas e de bebidas no festival: 

        • Non se permitirá, en ningún caso, a introdución de ningunha clase de arma ou de obxecto que poida ser considerado como potencialmente perigoso para o resto dos/as asistentes ou para os/as artistas. Lembramos que, en uso das facultades e prerrogativas que a lexislación vixente outorga aos organizadores de espectáculos, tampouco se permitirá o acceso con paraugas de punta xa que, en cumprimento da normativa en materia de seguridade, pode supoñer un perigo para as persoas asistentes ou ser utilizado como arma. Conforme a normativa vixente, estes obxectos poderán ser requisados pola Organización e devoltos á persoa propietaria cando abandone definitivamente o recinto.

        • Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con botellas de plástico brando con auga de ata 0,5 litros, sempre que estea precintada (desprecintarase ao acceder ao recinto). Non se permitirá o acceso ao recinto de bebidas que veñan en envases de cristal, metal, cerámica, louza, plástico duro ou calquera outro material que poida ser usado como obxecto contundente ou cortante.

        • Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con comida para consumo individual, envolvida en tea, filme, papel de aluminio ou similares. Non se permitirá o acceso ao recinto de comidas que veñan en envases distintos dos envoltorios indicados. Considérase que calquera envase pechado ou con tapa é susceptible de ser usado como obxecto contundente pola súa propia natureza ou pola combinación de contedor e contido.

        • Por motivos de seguridade alimentaria, as persoas que vaian acceder con comida -sempre para consumo propio-, deberán presentar unha declaración responsable, debidamente asinada, na que exoneren á organización polos danos á saúde que poida provocar esa mesma comida no festival. Non se permitirá a introdución no recinto de concertos de ningún alimento que non veña acompañado desa declaración. Podes consultar ou descargar un modelo de declaración  aquí.

MENORES DE IDADE

En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Organización de SonRías Baixas estabelece as seguintes normas de acceso para menores de idade.

  • Entradas:
      • As e os menores de 0 a 12 anos (incluídas), por razóns de control de acceso e capacidade do recinto, deberán adquirir unha entrada de menor dispoñibles nas filas que se indican no plano do recinto e cumprir cos requisitos indicados anteriormente.
      • As e os menores de 13 a 17 anos (ambas idades incluídas) deberán adquirir unha entrada de persoa adulta.
  • Condicións:
      • Todo menor de 16 anos de idade que vaia a acceder debe ir acompañado dun proxenitor ou titor/a. Ao acceder ao recinto de concertos poderáselle requirir aos proxenitores ou titores que mostren o documento orixinal do seu DNI e o DNI do menor, dar un número de teléfono de contacto e asinar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar previamente aquí. Se o acompañante non é un titor/a legal, deberá mostrar tamén unha fotocopia do DNI dun proxenitor ou titor/a do menor, achegar a autorización de asistencia asinada por parte dalgún dos anteriormente citados e ensinar o DNI do menor. 
      • Os/ as menores de entre 16 e 17 anos poden acceder ao recinto de concertos sen a compañía dun adulto pero deben ensinar igualmente, antes de acceder ao recinto, o seu DNI, unha fotocopia do do seu proxenitor ou titor e unha autorización asinada por este último. Na autorización, da que podedes descargar un modelo aquí, o proxenitor ou titor autoriza a entrada ao recinto de concertos.

En cumprimento da normativa vixente, a Organización estabelece as seguintes normas xerais para as e os menores de idade dentro do recinto de concertos.

  • Todas as e os menores de idade deberán entregar a autorización de menores para acceder ao recinto de concertos
  • Toda e todo menor que non se atope baixo a autorización, supervisión ou cargo dunha persoa adulta, maior de idade, será expulsada do recinto, previa posta en coñecemento das autoridades competentes

A Organización do evento poderá denegar o acceso ou ben expulsar do recinto a quen incumpra as presentes Condicións Xerais de Uso, a quen desatenda as indicacións do persoal da Organización e de Seguridade e a quen provoque unha situación de risco para si mesmo ou para as outras persoas asistentes ao evento: manifestando actitudes violentas, portando drogas ou mostrando síntomas de consumilas, atopándose en estado de intoxicación aparente ou potencial, dificultando o desenvolvemento normal do evento, introducíndose en espazos de acceso restrinxido pola Organización, etc, responsabilizándose persoalmente ao portador, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos materiais. 

Todo intento de estafa, violación, subtracción, roubo, así como os danos á propiedade persoal causados directa ou indirectamente á Organización, artistas ou empregados da mesma autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes. 

    DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E IMAXE

    O público asistente poderá aparecer DE MANEIRA INCIDENTAL* en imaxes tomadas por diferentes medios de comunicación, a Organización, terceiros autorizados por esta ou calquera artista para a súa posterior difusión, consintindo expresamente un uso promocional e/ou comercial das imaxes captadas. A asistencia ao evento supón a aceptación de que se faga uso, de forma gratuíta e sen contraprestación algunha, da súa voz, imaxe e nome en retransmisións televisivas, radiofónicas ou redes sociais, ao vivo ou en diferido, en vídeo, en fotografías ou calquera outro medio ou soporte presente ou futuro.
    * Enténdese por toma incidental de imaxes de unha persoa toda gravación de imaxes de unha persoa realizada co gallo dunha gravación de imaxes de grupo, paisaxes e outras semellantes que, inclúan a imaxe dunha ou máis persoas, que aparezan de modo aleatorio e non predeterminado co obxecto de documentar eventos ou informar sobre acontecementos de actualidade, sen que o propósito da gravación sexa a fixación da imaxe da persoa ou persoas que nela aparecen, de xeito que, eventualmente, esta persoa ou persoas poidan ser recoñecibles en función de como sexa a súa imaxe fixada.

    O público asistente recoñece e acepta que a Organización ostenta e é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual, industral e calquera outros, incluídos os de imaxe, derivados, directa ou indirectamente, das representacións artísitcas ou calquera outras que tivesen lugar co gallo da celebración do SonRías Baixas, sen limitación territorial nin temporal, e sen ningunha outra limitación máis que as dispostas na vixente Lei de Propiedade Intelectual.

    Para acceder con cámaras de uso profesional, será obrigatorio contar cunha autorización da promotora, así como unha acreditación do departamento de prensa da Organización. Podes contactarnos  aquí  para solicitala.

    A posesión desta entrada non outorga o dereito ao seu posuídor ou a terceiros a utilizar a mesma, ou o seu contido, con finalidades publicitarias, de marketing, revenda ou de promoción (incluídos os concursos, agasallos e /ou sorteos). O incumprimento deste punto, sen autorización expresa e fidedigna da Organización, obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalización equivalente a mil veces o prezo da entrada máis elevada do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Asi mesmo, queda anulada a licenza incorporada na presente.

    PROTECCIÓN DE DATOS

    De conformidade co disposto na Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos facilitados tanto en web como na plataforma de compra de entradas serán comunicados á Promotora para a xestión do evento e dos seus clientes.

    A Organización resérvase a facultade de modificar as presentes Condicións Xerais previa publicación das mesmas por este mesmo medio, sendo responsabilidade da persoa usuaria a súa debida lectura no momento de cada acceso e/ou utilización. Calquera reclamación deberase acompañar, de xeito obligatorio, coa presentación da entrada.