#RíasBaixasFest: Destino SonRías

#RíasBaixasFest: Destino SonRías

XOVES 30 DE XULLO: RUTA DOS MUÍÑOS + MOUNQUP + DEGUSTACIÓN DE PAN DE GALICIA

Esta proposta “micro” comezou o xoves, 30 de xullo, ás 18h no pavillón municipal de Bueu cun grupo de 20 persoas que percorreron a Ruta dos Muíños do Río Bispo e gozaron cun microconcerto de Mounqup, onde esta música francesa afincada no rural ourensán ofreceu arroupada pola natureza un petisco da súa proposta musical, na que usa tanto o galego como o inglés e o francés para navegar polo jazz, o soul e o r&b subida á nave da electrónica, nunha especie de psicose auditiva repleta de loops e sintetizadores que, en combinación cunha voz única e persoal, converten os seus directos nunha experiencia hipnotizante. Ao rematar o microconcerto, a expedición dirixiuse ao obrador da Panadería Amador onde aprenderon todos os segredos do pan de Galicia e puideron degustalo.

VENRES 31 DE XULLO: VISITA A ILLA DE ONS + RAYDEN + DEGUSTACIÓN DE POLBO DAS RÍAS E MEXILLÓN DE GALICIA

Esta proposta “micro” levouse a cabo o venres, 31 de xullo, ás 11:30h no Porto de Bueu cun grupo de 20 persoas que visitaron a Illa de Ons e gozaron dun micro concerto de Rayden, para finalizar a xornada cunha degustación de Polbo das Rías e mexillón de Galicia.

SÁBADO 1 DE AGOSTO: RUTA POLA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE CELA + MICRO CONCERTO DE ARCO + CATA E MASTERCLASS DO VIÑO TINTA FEMIA

Esta proposta “micro” comezou o sábado 1 de agosto cun pequeno grupo de 20 persoas que visitou as inmediacións da Igrexa románica de Santa María de Cela e os senderios que percorren a parroquia. Ao finalizar o paseo, os asistentes puideron gozar dunha degustación e masterclass de viño Tinta Femia e coa música de Arco dende o miradoiro.