• Condicións xerais do contrato polo que se adquire a entrada para o Festival SonRías Baixas 2020 ·

ACEPTACIÓN E INCORPORACIÓN CONTRACTUAL

A adquisición da presente entrada outorga ao adquirinte un título nominativo que lle permite acceder ao recinto musical do festival do 30 de xullo ao 1 de agosto, así como ao uso da zona de acampada, de tela solicitado, nas mesmas datas. Se polo prezo da entrada se aboaran outros servizos ofrecidos pola organización do festival, este título igualmente outorgaría o dereito de acceder a eses servizos incluídos no prezo da entrada. A entidade resérvase o dereito a poñer á venda entradas diferentes ás consideradas nas presentes condicións, previa publicación destas por este mesmo medio.

O contrato polo que se adquire a entrada será rexido polas seguintes condicións xerais:

A adquisición da entrada para o Festival SonRías Baixas supón a aceptación das seguintes Condicións Xerais de Uso, ofrecidas por Play Plan Cultural SLU, (en adiante A Organización), con CIF: B-94168705, domiciliada en Bueu, rúa Ramón Bares 42, Baixo (CP 36930)

ENTRADA E PULSERA

Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será reembolsado o seu importe. En caso de anulación total do evento a Organización comprométese a devolver o importe da entrada, pero non o custe de distribución que as canles de venda aplican ao prezo da misma, ao tratarse este dun servizo prestado polas canles de venda no momento da compravenda da entrada. En ningún caso se devolverá́ o importe das entradas se a cancelación produciuse unha vez comezado o festival. A Organización resérvase o dereito a modificar, suspender ou alterar calquera das actividades e actuacións propostas no cartel.

Durante o proceso de compra, o comprador terá́ que indicar os nomes e apelidos de cada unha das persoas que acudan ao festival con cada entrada adquirida. As entradas son nominais, a persoa que veña reflexada na entrada non poderá ser outra persoa diferente ao asistente ao evento, a tal efecto se lle poderá requirir o D.N.I. ou pasaporte para acreditar a súa identidade nas taquillas habilitadas para trocar a entrada pola pulseira de acceso aos distintos recintos do festival.

As entradas só poderán ser adquiridas nas canles de venda autorizadas pola organización, a saber, www.sonriasbaixas.info e Enterticket, non facéndose  responsable das entradas que non se adquirisen por ditas canles de venda. Toda entrada duplicada, danada, rota ou con indicios de falsificación, autorizará á Organización a impedir ao seu portador o acceso ao recinto e zona de acampada (de tela solicitado), así como a tomar as medidas legais pertinentes contra o titular da mesma, que asume toda responsabilidade no caso de que esta se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada. Infórmase ao respecto, da realización de controis electrónicos de seguridade á entrada do recinto con tecnoloxía de lectura de detección de entradas fraudulentas. A admisión queda supeditada ao feito de dispoñer da entrada completa e en boas condicións.

A entrada debe ser trocada pola Organización ao seu propietario/a por unha pulseira con tecnoloxía RFID que colocará o persoal da Organización ao usuario nas taquillas ubicadas xunto á entrada ao recinto do Festival.

A pulseira cashless con tecnoloxía RFID é o único elemento válido que faculta ao seu Propietario/Propietaria e Usuario/Usuaria para o acceso ao recinto dos concertos como para a zona de acampada (de así telo solicitado), así como o único método de pago admitido no festival. Esta pulsera é personal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas.

A Organización colocará a pulseira ao usuario/usuaria final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. É resistente, pero non é irrompible. Baixo ningún concepto, e ata que termine o Festival, intentes quitarte a pulseira, xa que se se rompese perderías o teu dereito a acceder ao recinto, así como o diñeiro que pudiese conter. A perda, manipulación ou ruptura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En caso de ocorrer algunha incidencia coa túa pulseira, o saldo que esta contén, ou co acceso, deberás mostrarnos obrigatoriamente o teu DNI para comprobar que es o propietario da mesma, e así poder solucionala.

Se ao abandonar o festival segues tendo saldo na túa pulseira, poderás pedir a devolución online do teu diñeiro, desde o día 4 de agosto ás 00:00 ata o 11 de agosto ás 23:59h, na páxina web oficial do festival, www.sonriasbaixas.info

A Organización do festival non se fai responsable de calquera furto, roubo, dano ou outra actuación delitiva que se poida ocasionar dentro do recinto do festival, a zona de acampada ou de calquera outro recinto habilitado polo festival.

ADMISIÓN

A Organización resérvase o dereito de admisión, segundo a lexislación vixente.

As persoas que vaian a acceder ao recinto do festival SonRías Baixas polos accesos sinalados pola Organización, poderán ser rexistradas. O rexistro será realizado por persoas legalmente habilitadas e cumprindo coas disposicións legais en materia de control de accesos a recintos de pública concorrencia. A seguridade do público e das e dos profesionais que traballan no SonRías Baixas é unha prioridade para a Organización. Para evitar riscos para a integridade das persoas e para a seguridade alimentaria, establécense as seguintes normas sobre introdución de obxectos, de comidas e de bebidas no festival:
 Non se permitirá, en ningún caso, a introdución de ningunha clase de arma ou de obxecto que poida ser considerado como potencialmente perigoso para o resto dos/das asistentes ou para os/as artistas. Conforme a normativa vixente, estes obxectos poderán ser requisados pola Organización e devoltos á persoa propietaria cando abandone definitivamente o recinto.
– Cada persona poderá acceder a recinto de concertos con botellas de plástico brando con auga de ata 0,5 litros, sempre que estea precintada (a desprecintará o persoal da entrada). Non se permitirá o acceso ao recinto de bebidas que veñan en envases de cristal, metal, cerámica, louza, plástico duro ou calquera outro material que poida ser usado como obxecto contundente o cortante.
– Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con comida para consumo individual, envolta en tela, film, papel de aluminio ou similares. Non se permitirá o acceso ao recinto de comidas que veñan en envases distintos dos envoltorios indicados. Considérase que calquera envase pechado ou con tapa é susceptible de ser usado como obxecto contundente pola súa propia natureza ou pola combinación de contedor e contido.
– Por motivos de seguridade alimentaria, as persoas que vaian a acceder con comida -sempre para consumo propio- adquirida ou elaborada fóra do recinto do festival, deberán presentar unha declaración responsable, debidamente firmada, na que exoneren á organización polos danos á saúde que poida provocar dita comida no festival. Non se permitirá a introdución no recinto do festival de ningún alimento que non veña acompañado desa declaración. Podes consultar ou descargar un modelo de declaración aquí.

MENORES DE IDADE

En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Organización do Festival SonRías Baixas establece as seguintes normas de acceso para menores de idade:

  • Todo menor de 16 anos de idade que vaia a acceder ao recinto debe portar unha identificación facilitada pola organización e ir acompañado dun proxenitor ou titor/a. A identificación entregarase na Taquilla específica para “Menores de Idade”, onde os proxenitores ou titores deberán entregar unha fotocopia do seu DNI e do DNI do menor, dar un número de teléfono de contacto e firmar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar previamente aquí. Se o acompañante non é un titor/a legal, deberá aportar a maiores a seguinte documentación: Autorización de asistencia por parte do pai, nai ou titor legal do/da menor acompañada de fotocopia de DNI, libro de familia ou pasaporte de ambos. O acceso será gratuíto para os menores de 12 anos.
  • Os/As menores de entre 16 e 17 anos estarán igualmente identificados, xa que no Festival non se serven bebidas alcólicas aos menores de idade, pero poden acceder ao recinto do festival sen a compañía dun adulto. Para facelo, deben presentar na Taquilla específica para “Menores de Idade” unha fotocopia do seu DNI e outra do DNI do seu proxenitor ou titor e unha autorización firmada por este último. Na autorización, da que podedes descargar un modelo aquí, o proxenitor ou titor autoriza a entrada ao Festival e declara o seu coñecemento de que no mesmo sérvense bebidas alcólicas.

En cumprimento da normativa vixente, a Organización establece as seguintes normas xerais para os menores de idade dentro do recinto do festival:

  • A venda e despacho a menores de idade de bebidas alcólicas durante o festival está totalmente prohibida, así como o seu consumo, polo que non se despacharán bebidas alcólicas a menores de idade. Igualmente prohíbese o consumo de bebidas alcólicas a menores de idade.
  • Todos os/as menores de idade deberán acceder ao recinto do festival pola Taquilla “Menores de Idade”, onde serán identificados cunha pulseira cunha cor distintiva, que os acredita como menores de idade autorizados no recinto, conforme a calquera dos procedementos anteriores.
  • Todo menor portador da pulseira non poderá adquirir ni consumir bebidas alcólicas no recinto.
  • Todo menor que careza de pulseira ou que non se atope a cargo de /autorizado por un maior de idade, será expulsado do recinto, previa posta en coñecemento das autoridades competentes.
  • Todo menor que extravíe a súa pulseira deberá solicitar inmediatamente unha nova na taquilla de “Incidencias”
  • Todo menor que sexa encontrado consumindo bebidas alcólicas dentro do recinto será posto baixo o control dos seus pais os titores. Se estes non puidesen facerse cargo do menor, ou así o reclamasen, o menor será expulsado do recinto previa posta en coñecemento das autoridades competentes ou seguindo as instrucións dos pais ou titores, segundo corresponda. No proceso de expulsión, o menor estará ao coidado da organización do festival ata que un maior poida facerse cargo del ou sexa posto ao coidado das autoridades.

A Organización do evento poderá denegar o acceso ou ben expulsar do recinto e retirar a pulseira a quen incumpra as presentes Condicións Xerais de Uso, a quen desatenda as indicacións do persoal da Organización e de Seguridade e a quen provoque unha situación de risco para si mesmo ou para as outras persoas asistentes ao evento: manifestando actitudes violentas, portando drogas ou mostrando síntomas de telas consumido, encontrándose en estado de intoxicación aparente ou potencial, dificultando o desenvolvemento normal do evento, introducíndose en espazos de acceso restrinxido pola Organización, etc. Responsabilizándose persoalmente ao portador, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos materiais.

Todo intento de estafa, violación, substracción, roubo, así como os danos á propiedade persoal causados directa ou indirectamente á Organización, artistas ou empregados da mesma autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes.

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E IMAXE

O público asistente poderá aparecer DE MANEIRA INCIDENTAL* en imaxes tomadas por diferentes medios de comunicación, a Organización, terceiros autorizados por esta ou calquera artista para su posterior difusión, consentindo expresamente un uso promocional e/ou comercial das imaxes captadas. A asistencia ao evento supón a aceptación de que se faga uso, de forma gratuita e sen contraprestación algunha, da súa voz, imaxe e nome en retransmisións televisivas, radiofónicas ou redes sociais, en directo ou en diferido, en vídeo, en fotografías ou en calquera outro medio ou soporte presente ou futuro. *Enténdese por toma incidental de imaxes dunha persoa toda gravación de imaxes dunha persoa realizada con motivo da gravación de imaxes de grupo, paisaxes e outras semellantes que, inclúan a imaxen dunha ou máis persoas, que aparezan de modo aleatorio e non predeterminado con motivo de documentar eventos ou informar sobre acontecementos de actualidade, sen que o propósito da gravación sexa a fixación da imaxe da persoa ou persoas que nela aparecen, polo que, eventualmente, esta persoa ou persoas poden ser recoñecibles en función de como sexa a súa imaxe fixada.

O público asistente recoñece e acepta que a Organización ostenta e é titular de todos os dereitos propiedade intelectual, industrial e calquera outros, incluídos os de imaxe, derivados, directa ou indirectamente, das representacións artísticas ou calquera outras que tivesen lugar con motivo da celebración do Festival, sen limitación territorial nin temporal, e sen ningunha outra limitación máis que as dispostas na vixente Lei de Propiedade Intelectual.

Para acceder con cámaras de uso profesional será obrigatorio contar cunha autorización da promotora, así como cunha acreditación do departamento de prensa do Festival podes contactarnos aquí para solicitarla.

A posesión desta entrada non outorga o dereito ao seu posuidor ou a terceiros a empregar a mesma, ou o seu contido, con finalidades publicitarias, de marketing, revenda ou de promoción (incluídos os concursos, regalos e/ou sorteos). O incumprimento deste punto, sen autorización expresa e fidedigna da Organización, obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalización equivalente a mil veces o prezo da entrada máis cara do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Do mesmo xeito, queda anulada a licencia incorporada na presente.

PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos facilitados tanto na web como na plataforma de compra de entradas serán comunicados á Promotora para a xestión do evento e dos seus clientes.

A Organización resérvase a facultade de modificar as presentes Condicións Xerais previa publicación das mesmas por este mesmo medio, sendo responsabilidade do Usuario a súa debida lectura no momento de cada acceso e/ou utilización.

Calquera reclamación deberá acompañarse obrigatoriamente coa presentación desta entrada.