KASE.O

KASE.O

 

Considerado con frecuencia o mellor rapeiro en lingua hispana do mundo, Kase.O. é unha incona do hip hop no comercial español dende hai máis de 20 años. O concerto que ofrecerá no 18º Festival SonRías Baixas será unha das poucas oportunidades no Estado para gozar con «El último tramo», a xira de despedida de El Círculo, directo co que xa gozaron 500.000 persoas nos 52 concertos que ofreceron en 7 países por todo o mundo.

 

KASE.O

Todo lo que hago es para hacerte reír

El Círculo é a proposta máis persoal, sincera, valente e arriscada de Kase.O. Con ela, o ex-integrante dos míticos Violadores del Verso conseguiu un disco de ouro, foi nomeado aos Grammy Latino e bateu récords de asistencia en espazos paradigmáticos como o Wizink Center Madrid ou o Palau Sant Jordi Barcelona.

Novos estilos, mostrando facetas ocultas, con máis rexistros que nunca, investigando en novas sonoridades non exploradas até a data na súa produción, o maño ábrese como nunca nunha proposta musical que transcende mesmo o propio xénero do hip hop, partindo do coñecemento absoluto do estilo para ir un paso máis aló.

El Círculo é unha viaxe ao redor da vida e das experiencias do seu protagonista. Unha viaxe sen principio nin fin, porque as rimas de Javat van ao infinito e máis aló. Kase.O, o tripulante desta nave extraterrestre, redefine -unha vez máis- a forma de facer rap na lingua de Cervantes… e xa van unhas cantas!

Discografía

En solitario
El Círculo (2016)
Kase.O Jazz Magnetism (Coa banda de jazz JazzMagnetism) (2011)

Con Violadores del Verso
Cantando (2006)
Vivir para contarlo / Haciendo lo nuestro (2006)
Vicios y virtudes (2001)
Violadores Del Verso + Kase.O Mierda (EP) (2001)
Atrás (maxi) (2001)
Genios (1999)
Violadores del verso (EP) (1998)