PREGUNTAS FRECUENTES

Non teño entrada de 2020 pero quero mercar a de 2021, que debo facer?

Desde o luns 24 de maio podes adquirir as entradas do ciclo de concertos de 2021 a través desta mesma páxina web.

Que prezo teñen as entradas?

As entradas teñen tres prezos: 23€, 26€ e 29€ en función da localización dos asentos. O prezo incrementa en función da proximidade ao escenario. Así, se estás no primeiro tramo de asentos, a túa entrada será de 29€. Mais se optas por un asento máis alonxado, o prezo tamén será inferior (26€ ou 23€).  

As entradas están asociadas a algún asento?

Si, todas as entradas do ciclo de concertos SonRías Baixas teñen o seu asento preasignado. No momento no que merques a túa entrada, escollerás o teu asento.   

Como podo mercar entradas para menores de 12 anos?

Á hora de realizar a compra de entradas, terás a opción de seleccionar o ticket para menores de 12 anos, que teñen un custo de 10€ máis gastos de xestión. Durante o proceso de compra poderás descargar o documento de autorización da asistencia; mais se non o fixeches, non pasa nada: aquí podes descargar o documento. Lembra que tes que entregalo na entrada ao recinto!

Cantas entradas podo mercar nunha mesma compra? Poderemos sentarnos xuntas?

Podes mercar ata seis entradas contiguas se están dispoñibles. Se a situación sanitaria vixente no momento da celebración, as cadeiras poderán estar xuntas. Mais pode ser que, chegado o día, só podades estar de dúas en dúas, ou por grupos de convivintes. Iso aínda non volo podemos confirmar xa que dependerá da normativa que, como sabes, é cambiante.

Haberá zona de acampada?

Sentímolo moito, pero por mor das condicións sanitarias vixentes, non é posible contar este ano con zona de acampada.

Que pasa se non esgoto o meu saldo?

O saldo poderase utilizar para comprar calquera das entradas do ciclo de concertos de SonRías Baixas 2021 (ou do Festival SonRías Baixas 2022). Tamén poderás ceder o código a outra persona para que utilice o que lle sobra.

Cada entrada está asociada a unha localización dentro do recinto?

Si. Co obxectivo de favorecer a comodidade do público á vez que aplicamos os protocolos de prevención da covid-19, este ano o recinto estará dividido en tres tramos. Cada tramo ten o seu propio equipamento e ten asociado un prezo na súa entrada.  

Como van ser os concertos?

Cada noite celebraremos ao aire libre dous concertos do SonRías Baixas. O recinto estará perfectamente equipado, con todas as medidas de seguridade e hixiene pertinentes, para garantir que poidas gozar da música ao vivo seguindo a normativa sanitaria vixente no momento de celebración.  

Haberá entradas para menores de 12 anos?

Si! Un ano máis facilitaremos que gocedes dos concertos en familia ou, cando menos, as máis pequenas e pequenos da casa poidan escoitar a música máis divertida 😉 Todas as menores entre 0 e 12 anos (ambos inclusive), terán unhas cadeiras asignadas e deberán estar acompañadas dunha persoa adulta responsable.  

Desde que día e ata cando podo mercar entradas para SonRías Baixas 2021?

A venta está activa desde o 24 de maio. Poderás mercar entradas ata que se esgoten, claro 😊  

Que pasa se só quero empregar o saldo dunha das entradas?

O saldo compútase por compra, de xeito que, se o utilizas neste 2021, as entradas deixarán de ser válidas para 2022.

A que hora serán os concertos?

Todos os concertos terán lugar en horario nocturno e a apertura de portas será contra as 19.39 horas, aproximadamente.

Se non me chega o saldo para mercar as entradas, que teño que facer?

Non te preocupes, poderás pagar o importe restante coa túa tarxeta de crédito.