GASTRONOMÍA

 

O Morrazo é unha terra xenerosa e farturenta. Cunha gastronomía rica e variada que nace no mar e medra na terra. Unha comarca magnánima onde o bo comer e o bo beber son case unha obriga. 

A riqueza gastronómica da comarca ten sona universal pola gran variedade de peixe e marisco que ofrece. Camaróns, nécoras, polbo mexillóns, luras de ría, choquiños, chinchos ou sardiñas están ao alcance de calquera que queira coñecer algúns dos manxares únicos da dieta atlántica. 

Pero non todas as delicias gastronómicas do Morrazo saen do mar. Os máis afortunados poderán degustar as mellores carnes de tenreira ou cordeiro, o tradicional pan de trigo ou millo, suculentos queixos premiados a nivel internacional e, por suposto, todo isto regado con viños da Indicación Xeográfica Protexida ‘Ribeiras do Morrazo’, caldos brancos e tintos con aromas francos nos que se aprecian as características propias da materia prima da que proceden, con gradacións alcólicas moderadas, aromas florais e de froitas e cunha boa e equilibrada acidez. 

FONTE: turismodomorrazo.gal