Horarios Escenario Xacobeo 21 – 22

Martes 3 de agosto

TéCanela + SÉS

19:30 h Apertura de portas

21:00 h TéCanela

22:30 h SÉS 

Mércores 4 de agosto

Ciudad Jara + Tu Otra Bonita

19:30 h Apertura de portas

21:00 h Tu Otra Bonita

22:30 h Ciudad Jara

Xoves 5 de agosto

Iseo & Dodosound + Travis Birds

19:30 h Apertura de portas

21:00 h Travis Birds

22:30 h Iseo & Dodosound

Venres 5 de agosto

La M.O.D.A. + Sabela

19:00 h Apertura de portas

21:00 h Sabela

22:30 h La M.O.D.A.

Sábado 7 de agosto

Kase.O + SonDaRúa

19:00 h Apertura de portas

21:00 h SonDaRúa

22:15 h Kase.O

Domingo 8 de agosto

La Pegatina + Muerdo

19:00 h Apertura de portas

21:00 h Muerdo

22:30 h La Pegatina

A que hora teño que acceder eu ao recinto?

Todos os concertos terán lugar en horario nocturno e este é o horario de apertura de portas que recomendamos seguir:

Martes 3, mércores 4 e xoves 5:
ZONA A| SECTOR 1 – 20:10h / SECTOR 2 – 19:30h
ZONA B | SECTOR 1 – 20:30h / SECTOR 2 – 19:50h
ZONA C | SECTOR 1 -19:30h / SECTOR 2 – 19:50h

Venres, 6, sábado 7 e domingo 8:
ZONA A | SECTOR 1 – 19:55h / SECTOR 2 – 19:00h
ZONA B | SECTOR 1 – 20:25h / SECTOR 2 – 19:25h
ZONA C | SECTOR 1 – 19:00h / SECTOR 2 – 19:25h / SECTOR 3 – 19:55h / SECTOR 4 – 20:25h

Como accedo ao recinto?

O máis importante é que teñas a túa entrada no teu dispositivo móbil. Nela, ademais de ter o código de acceso, atoparás os datos do teu asento preasignado. En función da zona e do sector no que esteas, terás un acceso diferente. Aínda que pareza complicado, non ten perda. E, ante calquera dúbida, consulta co persoal da organización.

Se tes entrada para a zona A ou B, as máis próximas ao Escenario Xacobeo 21-22, deberás facelo pola rúa José María Estévez. Mais se tes entrada para a zona C, o teu acceso estará pola rúa Pazos Fontenla, á altura do centro Colexio Virxe Milagrosa.

Cada zona (A, B e C) conta coa súa propia barra, asesos, zona de merchandising e punto de recarga cashless. Lembra consultar as que che corresponden a ti no plano. Ademais non esquezas que, unha vez que esteas dentro do recinto, non será posible saír e volver entrar de novo.

 

Onde aparcar?