O venres 2 de agosto ao mediodía, o Estaleiro da Banda do Río, tamén coñecido como Estaleiro de Purro, acollerá unha Cata de viño Tinta Femia dirixida por Antonio Portela, vicepresidente da Asociación Gallega de Sumilleres.

As persoas que estean interesadas en coñecer de primeira man as principais características deste viño poden inscribirse, de xeito gratuíto, nesta actividade, organizada en colaboración do Festa do Tinto Femia, nesta mesma páxina web.

Os 25 afortunados ou afortunadas que participen nesta singular experiencia enolóxica coñecerán, tamén, parte do patrimonio industrial tradicional de Bueu, a través do espazo arquitectónico no que se desenvolverá, referente do vínculo entre o pobo e o seu pasado tradicional mariñeiro.

Esta actividade está organizada en colaboración coa Festa de Tinta Femia