O sábado 3 de agosto, ao mediodía, a Casa SonRías abrirá as súas portas, un ano máis, no Recinto da Estacada, co Polbo das Rías como protagonista absoluto.

Cociñeiros da contorna ofrecerán hamburguesas, croquetas, pizzas e empanada a partir do delicioso produto local e, sobre o Escenario Fest Galicia, a galega SÉS e máis dunha banda sorpresa porán o ramo a esta singular casa de comidas musical.

Todas as persoas que queiran achegarse a recoller a súa pulseira do festival -que empregan un ano máis a punteira tecnoloxía cashless para que o público non teña que levar enriba cartos en metálico- e coñecer por dentro o recinto no que se celebra, poden facelo, xa que o acceso a estas actividades é gratuíto.