O Destino SonRías é un ecosistema no que se unen unha localización urbana e natural cunha completa programación musical e cultural. Desde a zona de acampada á beira da praia ás propostas musicais e gastronómicas, todo se combina de tal forma que se creará unha experiencia única para todos os asistentes ao SonRías Baixas.

A festa comezará forte o xoves 2 de agosto co único concerto nos festivais de verán en Galicia da banda italiana de ska-punk Talco, acompañados polo rap e a electrónica en euskera de Revolta Permanent e o ska valenciano de Assekes, dúas das mellores bandas emerxentes do momento.

O venres 3 será a quenda sobre o Escenario Super Bock da big band valenciana La Raíz, que ofrecerá en Bueu o único concerto en Galicia da súa xira de despedida; da descarga enerxética dos Desakato, que veñen de gañar o Premio ao Mellor Directo de España e Portugal nos Iberian Festival Awards; da peculiar fusión de folclore latinoamericano con ritmos xamaicanos e actitude punk dos Che Sudaka; da principal voz do underground suramericano do momento, Sara Hebe; e máis dos enfants terribles do garage punk galego, Terbutalina.

E o sábado 4 pecharemos a festa co potente directo dos rockeiros referentes da música en euskera Berri Txarrak; coas cancións libertarias e cheas de humor dos Gatillazo, cos que Evaristo Páramos mantén máis vivo ca nunca o espírito de La Polla Records; coa particular mestura de rumba, rock, swing, funk, entusiasmo e alegría de Muchachito; cos habitantes do universo ska, punk e folk The Skarnivals; e coa canción de autor urbana e mestiza de Muerdo, outra proposta de música emerxente para ter en conta.

Pero, vós xa o sabedes, o SonRías Baixas é moito máis.

Gastronomía - SonRías Baixas
Playas - SonRías Baixas
Menores - SonRías Baixas 2017
SonRías Baixas
Artistas - SonRías Baixas
Skull - SonRías Baixas
Acampada - SonRías Baixas
Naturaleza - SonRías Baixas
Curtas - SonRías Baixas

Por iso, ademais das necesarias indicacións sobre como chegar ao recinto, ofrecémosvos aquí información sobre outras actividades que completan o programa de concertos, coa intención de converter para vós a fin de semana do SonRías nunha experiencia inesquecible.