Acampada SonRías Baixas

A zona de acampada está situada a 150 metros do recinto del festival. Accédese á mesma dende a rúa Pazos Fontenla 73.

  1. Quen pode utilizar a zona de acampada?

O dereito de acampada adquírese soamente coa adquisición do Abono + Acampada. Aínda así, o espazo e o aforo son limitados e ocuparanse por orde de chegada.

  1. Como podo acceder á zona de acampada?

A zona de acampada ten acceso restrinxido e unha extensión limitada. Para entrar á acampada, deberás levar a pulseira do festival que dá acceso a esta zon.

  1. Dende cando se pode acampar?

A acampada estará aberta dende o xoves 2 de agosto.

Publicaremos os horarios e servizos ao longo dos próximos días.

As tendas e a súa instalación

  • Pola vosa seguridade, soamente é posible acampar con tendas de campaña. Non se poderán montar “cenadores”, toldos, lonas, carpas ou outros elementos que supoñan unha extensión horizontal ou vertical ao espazo da tenda de campaña.
  • A acampada realizarase por orde de chegada (non se poden reservar espazos) e en todo momento se seguirán as indicacións do personal do Festival. Está prohibido acampar fóra da área habilitada, incluídos os corredores.
  • O personal do Festival poderá denegar a instalación de tendas de campaña ou outros elementos que poidan resultar perigosos para as persoas ou as cousas.
  • Está prohibido suxeitar as tendas a outros puntos que non sexan o chan e, específicamente, prohíbese por seguridade atar cordas ou outros elementos que supoñan unha barreira entre tendas, árbores ou cercas.
  • Queda reservado o dereito de admisión.

Condicións da zona de acampada

  • Pulseiras: coida a túa puseira e lembra que hai que conservala durante os días que dura o Festival. O seu uso é individual e intransferible e calquera deterioro ou manipulación poderá revocar o teu dereito de acceso.
  • Comida e bebida: aínda que se pode acceder con bebida e comida, a organización resérvase o dereito a vetar a entrada dalgún obxecto, substancia ou material que considere perigoso.
  • Descanso: a zona de acampada é para durmir. Están prohibidos dispositivos de audio e calquera elemento que poida perturbar o descanso de veciños e de campistas. O respecto e o silencio son esenciais.
  • Lume: está terminantemente prohibido facer calquera tipo de lume ou acceder con camping gas ou elementos inflamables (incluídas velas).
  • Mascotas e vehículos: queda prohibida a entrada de mascotas (excepto cans guía) e vehículos á zona de acampada.
  • O entorno: tanto na zona de acampada como na de praias é esencial que o lixo se leve ao contenedor máis cercano. Lembrade que as cabichas con moi contaminantes e recollelas do chan é unha tarefa complicada.
  • Enseres de valor: non deixes enseres de valor na zona de acampada. A organización do festival non se fai responsable de calquera furto, roubo, dano ou outra actuación delectiva que se poida ocasionar.

Moitas grazas pola vosa colaboración. Se tedes calquera dúbida, contactade con nós.