Horarios

A que hora empezan os concertos? O xoves abrimos portas ás 21h00 e o concerto comezará ás 21h30. Os concertos de venres comezan ás 20h00, e abriremos portas ás 19h30. O sábado ao mediodía abrimos portas ás 11h30 e os concertos comeza ás 12h00 e o sábado pola tarde comezan ás 20h00, e abriremos portas ás 19h30.

A que hora actúa ___(poñede aquí o nome do voso grupo favorito)___? Podedes consultar aquí cando actúa cada grupo.

A partir de que hora se poden recoller as pulseiras?

  • XOVES: 12h00 – 00h00
  • VENRES: 12h00 – 02h00
  • SÁBADO: 11h30 – 02h00

A partir de que hora estará aberta a taquilla para a compra física no propio festival?

  • XOVES: 12h00 – 01h30
  • VENRES: 12h00 – 04h00
  • SÁBADO: 11h30 – 04h00

Zona de acampada

A partir de que hora se pode entrar na zona de acampada? Dende que teñades a vosa pulseira… é dicir, a partir do xoves ás 12h00.

E se chegamos o venres ou o sábado? Se chegades o venres ou o sábado teredes que esperar a que abran os postos de recollida de pulseiras, ás 12h00 (venres) ou ás 11h30 (sábado), para coller a vosa e acceder á zona de acampada.

Podemos acampar coa entrada dun só día? Non, só teñen dereito de acampada as persoas que adquirisen o Abono + Acampada

Que pasa se chego o sábado e quero acampar? Terás que comprar o abono do Festival, a entrada de día non dá acceso á acampada.

Hai duchas na zona de acampada? Na zona de acampada dispoñeredes de duchas e servizos as 24 horas.

Pódese entrar con bebida e comida á zona de acampada? Si. E ao recinto de concertos? Non. Entón, haberá onde comer dentro? Si, por suposto. E contaremos con comida vexetariana e sen glute.

Pódese entrar con mascotas á zona de acampada? Non. E ao recinto dos concertos? Tampouco.

Pódese acceder en coche á zona de acampada? Non, pero poderedes chegar en coche ata a entrada da acampada. O acceso permanente á zona de acampada estará na rúa Pazos Fontenla 73. E contará con outro acceso de 10h a 20h pola rúa Alexandre bóveda á altura do número 27


Aparcadoiros

Hai parking para furgos e caravanas? Non, recoméndase aparcar na zona do Pavillón Municipal de Bueu o do Porto.

Onde podemos aparcar? Se podes facer un pequeno investimento, dende a organización do SonRías Baixas recomendámosche deixalo no Parking Masso, que con motivo do Festival ofrece un prezo moi especial.


Entradas

Na taquilla subirán os prezos das entradas? Si. Custará 45 € o abono. As entradas dun só día custarán 28 € venres ou sábado e 20 € xoves, pero non dan dereito á acampada.

E ata cando se venden as entradas anticipadas? Venda de entradas online durante o festival:

  • Entrada dun día para o xoves: o propio xoves ata as 10h00.
  • Entrada dun día para o venres: o propio venres ata as 10h00.
  • Entrada dun día para o sábado: o propio sábado ata as 09h00.
  • Abonos: ata o venres ás 10h00.

Comprei a entrada por internet. Teño que levala impresa? Se queres si. Temos que validar todas as entradas cos lectores de códigos de barras, pero tamén temos lector de código QR se nola ensinas a través dun dispositivo móbil. E se levo o DNI? Non poderemos deixarche pasar soamente co DNI, tes que ensinarnos tamén o código.

Pode usar a entrada unha persoa distinta da que a comprou? Si, pero terá que traer unha autorización asinada polo titular da entrada na que figuren os nomes e DNIs de ambos. É dicir, algo como: Eu, NOME 1 con DNI 1, cedo a NOME 2 con DNI 2 a miña entrada para o Festival SonRías Baixas. Asinado: NOME 1. No caso de que xurda algún problema con esa entrada esta será a única maneira de solucionalo.

Poderemos entrar e saír do recinto libremente? Si. Podedes entrar e saír todas as veces que queirades, mentres conservedes a pulseira en perfecto estado.

Podemos quitarnos a pulseira? Non. Tal e como recollen as condicións xerais, a pulseira é o único acceso válido para o recinto dos concertos e para a acampada. Esta pulseira é persoal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas. A organización colocará a pulseira ao usuario final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se repoñerá unha pulseira perdida.

Poderase pagar con tarxeta? Non, o SonRías Baixas este ano implanta a tecnoloxía das pulseiras cashless, e este será o único medio de pago. Podes consultar máis información sobre o funcionamento das pulseiras cashless aquí.


Acceso menores

Podo ir aos concertos da noite se teño menos de 18 anos? Si.

E podo ir só ou teño que ir acompañado dun adulto? Se tes máis de 16 anos, podes entrar só, sempre que presentes na taquilla específica para “Menores de Idade” unha fotocopia do teu DNI e outra do DNI do teu pai, nai ou titor/a e máis unha autorización como esta asinada por el/ela. Se tes menos de 16 anos, ademais deberás entrar ao recinto co teu pai, nai ou titor/a.

E os nenos pequenos, poden entrar aos concertos? Poden, si. Se son menores de 12 anos, ademais, non pagarán entrada e poderán gozar da súa propia Experiencia SonRías.


Varios

A praia está preto? Si, a dous minutos andando.

Poderemos comprar as camisetas do SonRías no Festival? Por suposto. Haberá un posto de merchan de Rei Zentolo durante todo o Festival.