casaSonrias_843x403

O SonRías Baixas engade un novo atractivo ao completo programa musical da súa XII edición, que terá lugar os días 2 e 3 de agosto no Recinto A Estacada de Bueu: o Casa SonRías, un innovador espazo gastronómico no que un grupo de músicos destacados cociñarán ao vivo os seus pratos favoritos, que despois poderá degustar o público asistente. Xa confirmaron a súa presenza neste novo escenario Juankar, cantante e baixista de Boikot, e Dema, voz e guitarra da banda italiana Talco. A organización anuncia que pronto se lles sumarán novos nomes.

Casa SonRías é un restaurante efémero, único e orixinal, que abrirá as súas portas ás 12h do sábado 3 de agosto no mesmo recinto dos concertos. Este evento gastronómico singular contará cun espazo propio, no que os músicos cociñeiros disporán de todo o necesario -materias primas, medios técnicos e equipos humanos- para amosar as súas habilidades culinarias. Casa SonRías estará aberto ao público xeral, para que todas as persoas que o desexen poidan vivir esta experiencia única, aínda que non teñan previsto asistir aos concertos da noite. Os pratos dos músicos cociñeiros serán despachados en formato de tapas a prezos moi axustados e en número limitado; unha degustación exclusiva e orixinal que pode ter continuación nos demais postos de gastronomía galega que haberá no recinto do Festival.

Aproveitando a ampla tradición culinaria da terra e maila excelencia deste porto de mar, a organización complementa así cun novidoso programa gastronómico as máis de 20 horas de concertos do seu programa musical, encabezado por The Toy Dolls, banda punk británica que marcou a toda unha xeración; Talco, banda destacada do último Viña Rock; Los Enemigos, que durante case vinte anos foi unha das bandas máis importantes do rock español; Riot Propaganda, nova marca que une dous referentes musicais e políticos como os madrileños Habeas Corpus e os valencianos Os Chikos do Maíz; Boikot, emblema do rock social español; e Rulo y La Contrabanda, o exitoso novo proxecto do líder de La Fuga. A participación galega virá da man de Dakidarría, que celebrarán no SonRías o seu décimo aniversario sobre os escenarios; Foxy Freire, proxecto rockeiro dun grupo de músicos de renome no mundo do jazz; e das bandas gañadoras do I Concurso SonRías Baixas: as boirenses Agoraphobia e os pontevedreses Vortex e Qué desilusión! Pecharán as noites, tralos pratos, Faber e Cristian Domínguez.

Un restaurante moi especial, pensado por e para Festivaleiros
Para desenvolver esta iniciativa tan especial, a Asociación Troula na Banda uniuse á xornalista Teresa Cuíñas, reporteira en Televisión de Galicia, colaboradora na sección de Cultura do xornal El País e creadora do blog rockandcook.es, unha páxina persoal lanzada a comezos deste ano 2013 na que vencella música e cociña, dúas das súas inclinacións favoritas, a través de entrevistas a músicos e a cociñeiros, receitas con comentarios musicais e colaboracións doutros xornalistas e blogueiros interesados neste cruzamento de intereses. Xuntos ofreceranlles aos festivaleiros un novo prato que combina dúas paixóns inseparables: música e gastronomía.

A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do estado. Co slogan “de Festivaleiros para Festivaleiros” por bandeira, a organización artella cada ano unha completa programación musical que combina nomes consagrados e novas propostas e ofrécellela aos seus seguidores a uns prezos moi asequibles. As entradas están á venda, por 24 euros o abono dos dous días, coa acampada incluída.casaSonrias_843x403

El SonRías Baixas añade un nuevo atractivo al completo programa musical de su XII edición, que tendrá lugar los días 2 y 3 de agosto en el Recinto A Estacada de Bueu: el Casa SonRías, un innovador espacio gastronómico en el que un grupo de músicos destacados cocinarán en directo sus platos favoritos, que después podrá degustar el público asistente. Ya confirmaron su presencia en este nuevo escenario Juankar, cantante y bajista de Boikot, y Dema, voz y guitarra de la banda italiana Talco. La organización anuncia que pronto se les sumarán nuevos nombres.

Casa SonRías es un restaurante efímero, único y original, que abrirá sus puertas a las 12h del sábado 3 de agosto en el mismo recinto de los conciertos. Este evento gastronómico singular contará con un espacio propio, en el que los músicos cocineros dispondrán de todo el necesario -materias primas, medios técnicos y equipos humanos- para mostrar sus habilidades culinarias. Casa SonRías estará abierto al público general, para que todas las personas que lo deseen puedan vivir esta experiencia única, aunque no hayan previsto asistir a los conciertos de la noche. Los platos de los músicos cocineros serán despachados en formato de tapas a precios muy ajustados y en número limitado; una degustación exclusiva y original que puede tener continuación en los otros puestos de gastronomía gallega que habrá en el recinto del Festival.

Aprovechando la amplia tradición culinaria de Galicia y la excelencia del puerto de mar de Bueu, la organización complementa así con un novedoso programa gastronómico las más de 20 horas de conciertos de su programa musical, encabezado por The Toy Dolls, banda punk británica que marcó a toda una generación; Talco, banda destacada del último Viña Rock; Los Enemigos, que durante casi veinte años fue una de las bandas más importantes del rock español; Riot Propaganda, nueva marca que une dos referentes musicales y políticos como los madrileños Habeas Corpus y los valencianos Los Chikos del Maíz; Boikot, emblema del rock social español; y Rulo y La Contrabanda, el exitoso nuevo proyecto del líder de La Fuga. La participación gallega vendrá de la mano de Dakidarría, que celebrarán en el SonRías su décimo aniversario sobre los escenarios; Foxy Freire, proyecto rockero de un grupo de músicos de renombre en el mundo del jazz; y de las bandas ganadoras del I Concurso SonRías Baixas: las boirenses Agoraphobia y los pontevedreses Vortex y Qué desilusión! Cerrarán las noches, tras los platos, Faber y Cristian Domínguez.

Un restaurante muy especial, pensado por y para Festivaleros
Para desarrollar esta iniciativa tan especial, la Asociación Troula na Banda se unió a la periodista Teresa Cuíñas, reportera en Televisión de Galicia, colaboradora en la sección de Cultura del periódico El País y creadora del blog rockandcook.es, una página personal lanzada a comienzos de este año 2013 en la que vincula música y cocina, dos de sus inclinaciones favoritas, a través de entrevistas a músicos y a cocineros, recetas con comentarios musicales y colaboraciones de otros periodistas y blogueros interesados en este cruce de pasiones. Juntos les ofrecerán a los festivaleros un nuevo plato que combina dos pasiones inseparables: música y gastronomía.

La particular mezcla de música, playa y gastronomía en un entorno privilegiado es una de las principales marcas de identidad del SonRías Baixas, que ya es toda una referencia del verano en Galicia y en el resto del estado. Con el eslogan “de Festivaleros para Festivaleiros” por bandera, la organización monta cada año una completa programación musical que combina nombres consagrados y nuevas propuestas y se la ofrece a sus seguidores a unos precios muy asequibles. Las entradas están a la venta, por 24 euros el abono de dos días, con la acampada incluída.