Select Page

[:gl]

A produtora cultural Play Plan Cultural, organizadora do Festival SonRías Baixas, e o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) suman forzas e crean o I Concurso de Videoclips Galegos, para promover a cultura musical galega. As persoas interesadas en participar, poden inscribir calquera videoclip dunha canción en galego, producido por unha empresa galega ou cun equipo maioritariamente galego antes do 31 de maio ás 22h a través do correo electrónico concurso@sonriasbaixas.info.

De entre todos os videoclips recibidos segundo o formato esixido nas bases, que están dispoñibles na web www.sonriasbaixas.info, un comité creado polo FICBUEU seleccionará os finalistas, que se proxectarán durante os días do Festival SonRías Baixas e serán valorados por un xurado composto por unha persoa da Academia Galega do Audiovisual, unha persoa da Asociación FICBUEU, unha persoa de Play Plan Cultural e dúas persoas das bandas participantes no SonRías Baixas 2018. Os gañadores re collerán o seu galardón: Primeiro premio ‘Ánfora de Ouro’, Segundo premio ‘Ánfora de Prata’ ou Terceiro premio ‘Ánfora de Bronce’ o sábado 8 de setembro durante o transcurso do XI Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

A XVI edición do Festival SonRías Baixas encherá de novo Bueu de festivaleiros os días 2, 3 e 4 de agosto de 2018 cun completo cartel que, a falta de descubrir os seus últimos nomes, xa inclúe a única cita galega da xira de despedida da big band valenciana La Raíz; o potente directo dos rockeiros referentes da música en euskera Berri Txarrak; as cancións libertarias e cheas de humor dos Gatillazo, cos que Evaristo Páramos mantén máis vivo ca nunca o espírito de La Polla Records; a descarga enerxética dos Desakato, que veñen de gañar o Premio ao Mellor Directo de España e Portugal nos Iberian Festival Awards; a particular mestura de rumba, rock, swing, funk, entusiasmo e alegría de Muchachito; a principal voz do underground suramericano do momento, Sara Hebe; a peculiar fusión de folclore latinoamericano con ritmos xamaicanos e actitude punk dos Che Sudaka; os enfants terribles do garage punk galego, Terbutalina; os habitantes do universo ska, punk e folk The Skarnivals; e unha selección das mellores bandas emerxentes do momento. A canción de autor urbana e mestiza de Muerdo, o rap e a electrónica en euskera de Revolta Permanent e o ska valenciano de Assekes farán que, como sempre, o público do certame marche de volta cunha nova descuberta musical. As entradas están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 40 € máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.[:es]

La productora Play Plan Cultural, organizadora del Festival SonRías Baixas, y el Festival Internacional de Cortometrajes de Bueu (FICBUEU) suman fuerzas y crean el I Concurso de Videoclips Gallegos. Las personas interesadas en participar pueden inscribir cualquier videoclip de una canción en gallego, producido por una empresa gallega o con un equipo mayoritariamente gallego antes del 31 de mayo a las 22h a través del correo electrónico concurso@sonriasbaixas.info.

De entre todos los videoclips recibidos de acuerdo con el formato exigido en las bases, que están disponibles en la web www.sonriasbaixas.info, un comité creado por el FICBUEU seleccionará los finalistas, que se proyectarán durante los días del Festival SonRías Baixas y serán valorados por un jurado compuesto por una persona de la Academia Gallega del Audiovisual, una persona de la Asociación FICBUEU, una persona de Play Plan Cultural y dos personas de las bandas participantes en el SonRías Baixas 2018. Los ganadores re cogerán su galardón: Primer premio “Ánfora de Oro”, Segundo premio “Ánfora de Plata” o Tercer premio “Ánfora de Bronce” el sábado 8 de septiembre durante el transcurso del XI Festival Internacional de Cortometrajes de Bueu.

La XVI edición del Festival SonRías Baixas llenará de nuevo Bueu de festivaleros los días 2, 3 y 4 de agosto de 2018 con un completo cartel que, a falta de descubrir sus últimos nombres, ya incluye la única cita gallega de la gira de despedida de la big band valenciana La Raíz; el potente directo de los rockeros referentes de la música en euskera Berri Txarrak; las canciones libertarias y llenas de humor de los Gatillazo, con los que Evaristo Páramos mantiene más vivo que nunca el espíritu de La Polla Records; la descarga energética de los Desakato, que acaban de ganar el Premio al Mejor Directo de España y Portugal en los Iberian Festival Awards; la particular mezcla de rumba, rock, swing, funk, entusiasmo y alegría de Muchachito; la principal voz del underground sudamericano del momento, Sara Hebe; la peculiar fusión de folclore latinoamericano con ritmos jamaicanos y la actitud punk de los Che Sudaka; los enfants terribles del garage punk gallego, Terbutalina; los habitantes del universo ska, punk y folk The Skarnivals; y una selección de las mejores bandas emergentes del momento. La canción de autor urbana y mestiza de Muerdo, el rap y la electrónica en euskera de Revolta Permanent y el ska valenciano de Assekes harán que, como siempre, el público del certamen se vuelva a su casa con un nuevo descubrimiento musical en la recámara.

Las entradas están a la venta en la web sonriasbaixas.info con un precio especial e limitado de 40 euros más gastos los tres días de conciertos, acampada incluida.

 [:]