Novas
Jordi Lauren recibe o Premio á Excelencia dos Iberian Festivals Awards
Os Iberian Festival Awards destacan o incansable labor do bueuense Jordi Lauren, co-director do SonRías Baixas, concedéndolle o seu Premio á Excelencia como personaxe máis relevante da industria dos festivais en España e Portugal, polo seu papel, visión e enerxía como...
O MicroSonRías demostra que #aculturaésegura
A proposta de pequeno formato ideada pola organización do SonRías Baixas como alternativa para este verán marcado pola loita contra o Coronavirus colgou o cartel de "Sold Out" e celebrouse sen incidentes dende o xoves ata onte sábado en distintas localizacións de Bueu...
Bueu quenta motores para o MicroSonRías, cos acústicos de Arco e Rayden e micro concertos en espazos singulares
Dous concertos “desenchufados pero amplificados" no Recinto da Estacada e tres micro concertos en Ons, na Igrexa románica de Santa María de Cela e na senda fluvial do río Bispo compoñen a programación alternativa á 18ª edición do Festival SonRías Baixas, que se...
Os #RíasBaixasFest reinvéntanse na Covid para rexurdir en 2021 co apoio da Deputación que redobra a súa aposta para garantir a súa continuidade
Carmela Silva: "Nesta provincia a cultura, o patrimonio e a gastronomía é unha forma de estar no mundo e todos estes festivais o representan como moi poucas cousas"."O 2020 vai ser un ano de música e o 2021 un ano de máis música". Deste xeito describiu hoxe a...
Nace o MicroSonRías, con acústicos de Arco e Rayden e sorpresas en espazos singulares
Dous concertos “desenchufados pero amplificados" no Recinto da Estacada e sorpresas musicais en lugares sinalados da vila compoñen a programación alternativa á 18ª edición do Festival SonRías Baixas, que se ía celebrar a primeira fin de semana de agosto en Bueu As...
O 18º SonRías Baixas, aprazado ao verán de 2021
O equipo do festival anuncia un cartel continuista e adiántalles por correo-e ás persoas que mercaran a súa entrada para este ano que o rapeiro Kase.O. tocará en Bueu os días 5, 6 e 7 de agosto de 2021 As entradas compradas valerán para o SonRías Baixas 2021, pero...
O SonRías Baixas recupera unha versión lixeira das súas festas de presentación e ofrécea gratis nas súas redes sociais
O perfil de Instagram do festival acollerá cada día ás 20h30, dende mañá xoves ata o vindeiro luns, un petisco das festas de presentación que tiña programadas estes días por toda Galicia, con actuacións breves de Ninhodelosrecaos Dj., Poetarras, SonDaRúa, Muyayo Rif e...
O SonRías Baixas cancela as súas festas de presentación debido ao Covid-19
Xoves, 12 de marzo de 2020.- A organización do Festival SonRías Baixas anuncia a cancelación das festas de presentación que tiña programadas para os próximos días en Vigo, Ourense, Bueu, Lugo, A Coruña, Mos, Santiago de Compostela e Ponferrada, debido á expansión...
Ska-P, El Kanka e oito nomes máis pechan por todo o alto o cartel musical do SonRías Baixas 2020
SKA-P traerá -por fin- ao SonRías Baixas toda a enerxía festiva dos barrios obreiros co seu inflamable directo e coas súas cancións, xa convertidas en himnos. A organización do festival pecha hoxe por todo o alto o cartel musical da súa 18ª edición, que se celebrará...
O SonRías Baixas 2019 é finalista en 2 categorías nos Iberian Festival Awards
O SonRías Baixas 209 foi elixido finalista en 2 categorías na quinta edición dos Iberian Festival Awards: mellor festival de mediano formato e mellor comunicación. O 14 de marzo saberanse os gañadores, nunha gran gala que terá lugar en Lisboa. Esta é a quinta edición...
El Drogas e Sara Hebe súmanse ao SonRías Baixas 2020
A 18ª será a edición na que, por fin, traiamos a Bueu a El Drogas, un dos artistas máis demandados polo público do Festival ao longo da nosa historia. O que fora cantante e baixista de Barricada é un dos máximos representantes do rock español e trae ao SonRías o seu...
O SonRías Baixas espállase en marzo por toda Galicia
O Festival SonRías Baixas -que celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto en Bueu- espállase esta primavera por toda a xeografía galega, celebrando festas de presentación ao longo do mes de marzo en A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense,...