O concerto de Narco no SonRías Baixas 2017 foi elixido como un dos sete mellores de todos os que se celebraron o pasado ano en España e Portugal e compite, agora, por conquistar o premio ao mellor directo do ano na terceira edición dos Iberian Festival Awards, que se celebrará o 15 de marzo en Lisboa. É o segundo ano consecutivo que o SonRías é finalista nesta categoría, despois da preselección o pasado ano do directo de La Gran Pegatina.

A perfecta combinación de guitarras, samples e scratchs da banda sevillana conquistou ao xurado cun concerto no que brilou o seu estilo inconfundible, mestura indescritible de metal, rock e rap. Os sons duros, combativos e agresivos da mítica banda uníronse aos violentos cambios vocais de Distorsión Morais e Viquingo M.D. nun enerxético directo que fixo vibrar ao público da Estacada cunha manchea de temas rotundos, envelenados de ironía e crueza.