O SonRías Baixas 209 foi elixido finalista en 2 categorías na quinta edición dos Iberian Festival Awards: mellor festival de mediano formato e mellor comunicación. O 14 de marzo saberanse os gañadores, nunha gran gala que terá lugar en Lisboa. Esta é a quinta edición dos Iberian Festival Awards, uns premios que serven para recoñecer as mellores citas culturais do mercado portugués e español.