O Festival SonRías Baixas está nomeado a 10 categorías na sétima edición dos Iberian Festival Awards: mellor festival de mediano formato, mellor promoción turística, mellor comunicación e marketing, mellor hosting e recepción, mellor contribución á sustentabilidade, mellor directo de España e Portugal para Tanxugueiras, mellor foto: Rocío Cibes, mellor proveedor de servicios: Idasfest, mellor uso da tecnoloxía: Casfid e mellor recinto: Multiusos da Estacada.

O público decidirá agora, a través das súas votacións on-line, quen acadará os premios a mellor festival de mediano formato, mellor foto e a mellor directo da península. Un xurado profesional escollerá os gañadores das outras categorías. Despois, faranse públicos os 10 finalistas de cada categoría e o 11 de marzo saberanse os gañadores, nunha gran gala que terá lugar en Maia (Portugal). Esta é a quinta edición dos Iberian Festival Awards, uns premios que serven para recoñecer as mellores citas culturais do mercado portugués e español.

Nos dous últimos anos o festival foi galardoado con Premio á Excelencia 2020 a Jordi Lauren, codirector do festival, como personaxe máis relevante da industria dos festivais de España e Portugal, e co premio á mellor estratexia de comunicación e marketing no 2021.