Xoves, 12 de marzo de 2020.- A organización do Festival SonRías Baixas anuncia a cancelación das festas de presentación que tiña programadas para os próximos días en Vigo, Ourense, Bueu, Lugo, A Coruña, Mos, Santiago de Compostela e Ponferrada, debido á expansión do brote de COVID-19 pola península ibérica. Varios dos artistas participantes procedían do Levante español e a organización quere atender así á recomendación das autoridades sanitarias de limitar a mobilidade da poboación que habita zonas de risco, co fin de evitar a transmisión da enfermidade.

A organización devolverá os cartos das entradas, de xeito automático, ao longo dos próximos días.

Os eventos cancelados son os seguintes:

Xoves 12/3/2020 – SonDaRúa  + Ninhodelosrecaos Dj – Sala Máster (Vigo)
Venres 13/3/2020 – García Mc & Dj Mil+ Ninhodelosrecaos Dj – Café Cultural Auriense  (Ourense)
Sábado 14/03/2020 – SonDaRúa + García Mc & Nación Quilombo + ninhodelosrecaos Dj – Sala Aturuxo (Bueu)
Mércores 18/3/2020 – Muyayo Rif + Dakidarría en acústico – Club Clavicémbalo (Lugo)
Xoves 19/3/2020 – Muyayo Rif + Dakidarría en acústico – Garufa Club (A Coruña)
Venres 20/3/2020 – Muyayo Rif + Dakidarría en acústico – Sala Rebullón (Mos)
Sábado 21/03/2020 – Muyayo Rif + Poetarras – Sala Capitol (Santiago de Compostela)
Sábado 21/03/2020 – Dakidarría en acústico + SonDaRúa – Sala La Vaca (Ponferrada)

Agradecemos a difusión.

Un saúdo,