O Festival SonRías Baixas é finalista nos Iberian Festival Awards, na categoría de mellor activación de marca, pola intervención artística que realizaron ao vivo, durante os primeiros concertos, o deseñador gráfico e ilustrador portugués Nuno Barbedo e mais o ilustrador suízo afincado en Bueu Marc Taeger. Esta innovadora e transfronteiriza proposta transmite os valores dos tres eventos implicados: o Festival Super Bock Super Bock, o Morrasound Rock Festival e o propio Festival SonRías Baixas

O 13 de marzo saberanse os gañadores, nunha gran gala que terá lugar no Teatro Afundación de Vigo. Esta é a cuarta edición dos Iberian Festival Awards, uns premios que serven para recoñecer as mellores citas culturais do mercado portugués e español.

O Festival SonRías Baixas celebrará a súa XVII edición os días 1, 2 e 3 de agosto de 2018, en Bueu. Xa anunciou as primeiras bandas, con La Pegatina, La Maravillosa Orquesta del Alcohol (la M.O.D.A.),Zea Mays, Zoo, Muyayo Rif e Periferia Norte. As entradas para o festival, cuxo festival se pechará ao longo das próximas semanas, están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 31 € máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.