O Festival SonRías Baixas lanza hoxe o vídeo resumo da súa pasada edición e anuncia que encherá de novo Bueu de música e de fiesta os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto de 2020. A organización advirte, tamén, que as primeiras entradas sairán á venda ao longo do próximo mes de setembro, cun prezo super reducido pensado expresamente para esas persoas que ano tras ano confían na proposta musical e de ocio do festival.