[:gl]O Festival SonRías Baixas está nomeado a 5 categorías dos Iberian Festival Awards: mellor festival de mediano formato, mellor comunicación, mellor activación de marca (Superbock), mellor contribución á sustentabilidade e mellor directo, para a descarga de metal, rock e rap da mítica banda sevillana Narco, referencia imprescindible no rock español que encendeu o pasado verán o Multiusos da Estacada. É a segunda ocasión que o xurado destaca un dos directos do festival de Bueu como un dos mellores do ano en toda a península ibérica, despois do nomeamento de La Gran Pegatina na pasada edición.

O público decidirá agora, a través das súas votacións on-line, quen acadará os premios a mellor festival de mediano formato e mellor directo nacional. Un xurado profesional escolleará os gañadores das outras categorías. Despois, faranse públicos os 10 finalistas de cada categoría e o 15 de marzo publicaranse os gañadores, nunha gran gala en Lisboa. Esta é a terceira edición dos Iberian Festival Awards, uns premios que serven para recoñecer as mellores citas culturais do mercado portugués e español.

[:es]El Festival SonRías Baixas está nominado a 5 categorías de los Iberian Festival Awards: mejor festival de mediano formato, mejor comunicación, mejor activación de marca (Superbock), mejor contribución a la sostenibilidad y mejor directo, para la descarga de metal, rock y rap de la mítica banda sevillana Narco, referencia imprescindible en el rock español que encendió el pasado verano el Multiusos da Estacada. Es la segunda ocasión que el jurado destaca uno de los directos del festival de Bueu como uno de los mejores del año en toda la península ibérica, después del nombramiento de La Gran Pegatina en la pasada edición.

El público decidirá ahora, a través de sus votos on line, quien logrará los premios a mejor festival de mediano formato y mejor directo nacional. Un jurado profesional escogerá los ganadores de las otras categorías. Después, se harán públicos los 10 finalistas de cada categoría y el 15 de marzo se publicarán los ganadores, en una gran gala en Lisboa. Esta es la tercera edición de los Iberian Festival Awards, unos premios que sirven para reconocer las mejores citas culturales del mercado portugués y español.

[:]