O Festival SonRías Baixas está nomeado a 8 categorías dos Iberian Festival Awards: mellor festival de mediano formato, mellor promoción turística, mellor programa cultural, mellor comunicación, mellor contribución á sustentabilidade, mellor activación de marca, mellor directo internacional para Sara Hebe e mellor directo de España e Portugal para La Raíz.

O público decidirá agora, a través das súas votacións on-line, quen acadará os premios a mellor festival de mediano formato e a mellores directos da península e internacional. Un xurado profesional escollerá os gañadores das outras categorías. Despois, faranse públicos os 10 finalistas de cada categoría e o 13 de marzo saberanse os gañadores, nunha gran gala que terá lugar no Teatro Afundación de Vigo. Esta é a cuarta edición dos Iberian Festival Awards, uns premios que serven para recoñecer as mellores citas culturais do mercado portugués e español.

O Festival SonRías Baixas celebrará a súa XVII edición os días 1, 2 e 3 de agosto de 2018, en Bueu.