O SonRías Baixas 2019 está nominado na sexta edición dos Premios Fest como Mellor Festival de Mediano Formato, Mellor Festival por innovación, Festival máis sostible, Mellor Campaña de comunicación e Maior achega turística á rexión. Tamén opta a Mellor Activación de Marca por Super Bock e participa na marca colectiva Fest Galicia. Premios Fest é o único recoñecemento en España dedicado aos festivais de música, unha referencia fundamental do sector e Marca de Calidade. O público pode votar agora os seus eventos favoritos a través de a web, até o vindeiro venres 11 de outubro.

O Festival SonRías Baixas, que celebrará a súa 18ª edición os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto de 2020 en Bueu, esgotou en menos de 3h as primeiras 700 entradas que puxo esta mañá á venda na súa web cun prezo super reducido de 23 euros máis gastos as 200 primeiras e 28 euros máis gastos, as 500 restantes. As persoas que quedaron sen o seu abono para as tres noites de concertos terán que agardar uns días, ata que o SonRías Baixas anuncie os primeiros nomes do cartel deste ano e poña á venda a seguinte tanda, cun prezo de 33 euros máis gastos.

VOTA AQUÍ!