O Festival SonRías Baixas, que celebrará a súa 18ª edición os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto de 2020 en Bueu, pon hoxe á venda na súa web as súas primeiras entradas, cun prezo super reducido de 23 euros máis gastos, só para as 200 persoas máis rápidas. Os abonos para as tres noites de concertos dan acceso tamén á zona de acampada, para quen o solicite, sen custo adicional. A organización do festival recorda que na pasada edición estas primeiras entradas se esgotaron en menos de 24h e anuncia, tamén, que antes do anuncio das primeiras bandas haberá outra oferta de 28 euros máis gastos.

O SonRías Baixas dará a coñecer os primeiros grupos do cartel ao longo das próximas semanas, pero quere ofrecer agora ás persoas que confían ano tras ano na proposta musical do festival a posibilidade de facerse coas súas entradas por un prezo único. Unha vez coñecidos os primeiros nomes, o prezo será de 33 euros máis gastos.