[:gl]A Deputación de Pontevedra impulsou, por vez primeira, o pasado ano a creación dunha marca para acoller sete dos principais festivais de verán da provincia de Pontevedra. Así naceron os “RíasBaixasFests”, rede que agrupaba a Cultura Quente, PortAmérica, Atlantic Fest, Festival SinSal, SonRías Baixas, O Marisquiño e Revenidas.

Dous anos despois de apostar pola promoción turística do circuíto de festivais, a iniciativa demostrouse como un éxito, tal e como demostran os últimos datos de visitantes. No seu conxunto, os eventos aumentaron notablemente a súa asistencia respecto de edicións anteriores e reuniron en total a máis de 260.000 persoas. Ademais, as ocupacións hostaleiras durante os días nos que se celebraron os eventos foron do 100 % practicamente en todas as ocasións.

Neste sentido, a presidenta da Deputación -Carmela Silva- adiantou que o Plan Estratéxico de Turismo que está a elaborar a institución provincial xa pon de manifesto que os festivais de música son unha das grandes liñas de actuación para turismo Rías Baixas. E sinalou que a Deputación seguirá apostando por esta iniciativa nun futuro.[:es]La Diputación de Pontevedra impulsó, por vez primera, el pasado año la creación de una marca para acoger siete de los principales festivales de verano de la provincia de Pontevedra. Así nacieron los “RíasBaixasFests”, red que agrupaba a Cultura Quente, PortAmérica, Atlantic Fest, Festival SinSal, SonRías Baixas, O Marisquiño y Revenidas.

Dos años después de haber apostado por la promoción turística del circuito de festivales, la iniciativa se ha demostrado como un éxito, tal y como demuestran los últimos datos de visitantes. En su conjunto, los eventos aumentaron notablemente su asistencia respecto a ediciones anteriores y reunieron en total a más de 260.000 personas. Además, las ocupaciones hoteleras durante los días en los que se celebraron los eventos fueron del 100 % prácticamente en todas las ocasiones.

En este sentido, la presidenta de la Diputación -Carmela Silva- adelantó que el Plan Estratégico de Turismo que está elaborando la institución provincial ya pone de manifiesto que los festivales de música son una de las grandes líneas de actuación para turismo Rías Baixas. Y señaló que la Diputación seguirá apostando por esta iniciativa en un futuro.[:]