COMO CHEGAR

BUSES XA DISPOÑIBLES

COMPRAR

Localización do festival

O SonRías Baixas celébrase na contorna das Lagoas, en pleno centro da vila de Bueu, no corazón da comarca do Morrazo. Un enclave privilexiado das Rías Baixas, rodeado de natureza e mar, a tan só vinte minutos das principais cidades da provincia: Vigo e Pontevedra.

O acceso ao recinto estará localizado na Rúa Johan Carballeira. O código postal é 36930 e as coordenadas GPS: Bueu (Pontevedra – Galicia – Spain) 42.325234, -8.786384.

BUSES OFICIAIS

Ven a SonRías Baixas da maneira máis cómoda e sostible.

Compra os teus tickets de bus de ida e volta no día para o 30, 31 de xullo ou 1 de agosto e goza de todos os concertos.

SAÍDAS DENDE: VIGO · PONTEVEDRA · MOAÑA · CANGAS · MARÍN · SEIXO

Compra o ticket de bus con antelación para garantir a túa ruta o antes posible. Se non o fas, corres o risco de que se cancele o servizo ao non acadar o número mínimo de prazas.

NON O DEIXES PARA O ÚLTIMO MOMENTO.

COMPRAR

*O ticket do bus non inclúe a entrada ao festival. VER CONDICIÓNS

EN TREN

Se queres vir en tren, as estacións máis próximas ao SonRías son as de Vigo e Pontevedra, podes consultar os horarios na páxina web de Renfe.

EN AUTOBÚS

Se queres vir en autobús ademais dos buses oficiais do festival, lembra que tamén tes dispoñible a liña regular de autobuses que conecta Pontevedra con Bueu. A principal estación de destino é a Estación de Autobuses de Pontevedra e dende alí podes coller un autobús de Monbus ata Bueu.

EN COCHE

Tede en conta que as prazas de aparcamento en Bueu son limitadas, polo que vos recomendamos vir cos máximos amigos posibles nun mesmo coche para reducir o impacto ambiental. Aínda así, a mellor opción é usar os buses oficiais do festival, que van e volven cada día dende varias localidades. É máis cómodo, seguro e sostible.

EN AVIÓN

Se queres vir en avión, o aeroporto máis próximo ao SonRías é o Aeroporto de Peinador (Vigo). Dende alí podes coller un bus ata o porto da cidade, alí poderás coller un barco ata Cangas. Unha vez alí, terás a opción de coller un bus de Monbus que te deixe definitivamente en Bueu.

Outra opción viable é o Aeroporto Ça Carneiro de Porto (Portugal), que se atopa a 1 hora e 40 minutos (170 kilómetros) en coche do recinto do festival. Dende o aeroporto poderás desprazarte en autobús ou tren ata Vigo sen facer transbordos. Alí poderás coller un barco ata Cangas e dende alí un bus rexional a Bueu.

Distancia dos outros aeroportos galegos a Bueu:

Aeroporto de Santiago de Compostela (96 km) – 1 hora
Aeroporto da Coruña (148 km) – 1 hora 40 minutos

Dende estes aeroportos poderás desprazarte ás estacións de tren das respectivas cidades e alí coller un tren ata as estacións de Pontevedra ou Vigo, onde, como comentamos na sección de trens, poderás atopar buses que te deixen en Bueu.

EN BARCO

Se ves dende Vigo, o mellor é coller o barco ata Cangas e dende o mesmo embarcadoiro atoparás buses de Monbus que saen con destino Bueu e que te deixarán a 200 metros do Festival. Consulta os horarios na web da navieira Mar de Ons.

Dende o SonRías Baixas estamos totalmente comprometidas coa redución de gases de efecto invernadoiro e a pegada medioambiental do festival, polo que recomendamos encarecidamente que os métodos de transporte sexan consecuentes con este compromiso.

Galicia Fest
Galicia Fest