· CONDICIÓNS XERAIS ·

Condicións xerais do contrato polo que se adquire a entrada para os concertos do Festival SonRías Baixas 2023

ACEPTACIÓN E INCORPORACIÓN CONTRACTUAL

A adquisición da presente entrada outorga á persoa que a adquire un título nominativo, que lle permite acceder ao recinto musical onde se celebrarán os concertos do Festival SonRías  Baixas os días 1, 2 e 3 de agosto de 2024, o día ou os días seleccionados ao realizar a compra. Ademais, a adquisición da entrada do festival tamén dará acceso á zona de acampada se o usuario ou usuaria selecciona esa opción á hora de facer a súa compra. A entidade resérvase o dereito para poñer á venda entradas diferentes ás consideradas nas presentes condicións, previa publicación destas por este mesmo medio.

O contrato polo que se adquire a entrada será rexido polas seguintes condicións xerais:

A adquisición da entrada para o SonRías Baixas supón a aceptación das seguintes Condicións Xerais de Uso, ofrecidas por Play Plan Cultural SLU, (en diante a Organización / promotora), con CIF: B-94168705, domiciliada en Bueu, rúa Ramón Bares 42, Baixo (CP 36930).

ENTRADA

Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será reembolsado o seu importe. En caso de anulación total do evento a Organización comprométese a devolver o importe da entrada, pero non o custo de distribución que as canles de venda aplican ao prezo da mesma, ao tratarse este de un servizo prestado polas canles de venda no momento da compravenda da entrada. En ningún caso se devolverá́ o importe das entradas se a cancelación se producise unha vez comezado o evento. 

A Organización resérvase o dereito para alterar ou modificar o programa do evento, ou suspender ou alterar calquera das actividades e actuacións propostas no cartel.

A persoa usuaria terá dereito á devolución do prezo da entrada e abono, despois da reclamación e de acordo con estas condicións de venda, nos supostos seguintes: 

  1. Cando, antes do seu comezo, se produza a cancelación, suspensión ou cambio das datas do espectáculo público ou da actividade recreativa.
  2. Cando non poida entrar e gozar do espectáculo público ou da actividade recreativa, ou cando non poida facelo en condicións de accesibilidade, igualdade e inclusión, por causas imputables á empresa organizadora.
  3. No caso de modificación substancial do espectáculo público ou actividade recreativa, a condición de que esta afecte á identidade dos artistas, intérpretes ou executantes principais, ou á natureza ou características principais do espectáculo ou actividade programada, agás que xa comezase ou que a variación sexa por causa de forza maior. 

Se o espectáculo público ou a actividade recreativa se suspende de forma sobrevida, unha vez iniciado, a persoa usuaria terá dereito á devolución do importe da súa entrada e abono, sempre que a suspensión non sexa por causa de forza maior ou non transcorrese un terzo do tempo previsto do espectáculo ou da actividade programados. 

No caso de que estivese previsto continuar o espectáculo público ou a actividade recreativa suspendidos, na mesma data da inicialmente prevista, a persoa usuaria non terá dereito á devolución, sendo válida a entrada e abono adquirida ou, no seu caso, aquela que a substitúa. 

Poderase exercer o dereito a devolución ata 14 días despois de que suceda o feito causante do dereito a devolución por medio de reclamación dirixida á organización a través dos medios establecidos nas presentes condicións. 

Non dará dereito a devolución a denegación de entrada ou expulsión do recinto por incumprimento das presentes condicións e/o disposicións legais de aplicación.

Durante o proceso de compra, o/a comprador/a terá que indicar os nomes, apelidos e número de teléfono de cada unha das persoas que acudan ao festival con cada entrada adquirida. As entradas son nominais: a persoa que veña reflectida na entrada non poderá ser outra persoa diferente á asistente ao evento. Para ese efecto poderáselle requirir o D.N.I. ou pasaporte para acreditar a súa identidade á hora de acceder ao recinto onde se celebran os concertos.

As entradas só poderán ser adquiridas nas canles de venda autorizadas pola organización, a saber, www.sonriasbaixas.info e Enterticket, non facéndose responsable das entradas que non se adquiriron polas devanditas canles de venda. 

Toda entrada duplicada, danada, rota ou con indicios de falsificación, autorizará á Organización para impedir ao seu portador/a o acceso ao recinto, así como a tomar as medidas legais pertinentes contra o titular da mesma. Idénticas consecuencias aplicaranse ás entradas electrónicas ou en soporte dixital con indicios de ter sido falsificadas, por calqueira medio ou procedemento.

Con respecto a isto, infórmase da realización de controis electrónicos de seguridade á entrada do recinto con tecnoloxía de lectura de detección de entradas fraudulentas. A admisión queda supeditada ao feito de dispoñer da entrada válida.

Para entrar ao recinto deberás amosar a túa entrada que será escaneada para a súa verificación. Deberás identificarte con DNI no caso de que a organización o solicite.

A entrada debe de ser trocada por unha pulseira nos despachos de billetes situados xunto á entrada ao recinto. A pulseira cahsless é o único acceso válido tanto para o recinto dos concertos como para a zona de acampada (en caso de ter adquirido esta opción), así como o único método de pago admitido no festival. Esta pulseira é persoal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas. A organización colocará a pulseira á persoa usuaria final, que se fai responsable de validar que estea correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. É resistente, pero non é irrompible. Baixo ningún concepto, e ata que termine o Festival, quites a túa pulseira, xa que rompería e perderías o teu dereito para acceder ao recinto. A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se repoñerá unha pulseira perdida.

A entrada, e a súa pulseira asociada, non darán dereito ao acceso a servizos ou partes do recinto ás que a entrada ou pulseira non dé acceso.

A Organización non se fai responsable de calquera furto, roubo, dano ou outra actuación delituosa que se poida ocasionar dentro do recinto de concertos ou de calquera outro recinto habilitado pola organización.

A revenda de entradas sen autorización da empresa organizadora é contraria á lei e será obxecto das accións legais que correspondan contra as persoas responsables de vendas non autorizadas de entradas.

PULSEIRA CASHLESS

A pulseira cashless é o medio de pago do festival. As pulseiras poderán ser recargadas con diñeiro efectivo, mediante o uso de tarxetas bancarias de crédito/débito físicas ou electrónicas e por medio de aplicacións de pago/transferencia de uso xeneralizado. 

No caso de que non se gaste todo o importe recargado, a organización habilitará un procedemento durante un prazo de 7 días para a devolución do crédito remanente, sen cargo para o usuario. O diñeiro extra recibido na Promo Recarga non é reembolsable e será o último en consumirse.

Os bens e servizos pagos a través da pulseira gozan de toda a protección que a lexislación vixente outorga ás persoas consumidoras e usuarias, incluídos os prazos de garantía por produtos. 

Ao mesmo tempo, a pulseira cashless é un instrumento de acceso ao recinto e/ou partes determinadas do mesmo. Para estes efectos, será usada de acordo con as condicións de entrada e/o instrucións da organización. 

Os datos que eventualmente poida recoller a pulseira da persoa titular da mesma, que poidan ser individualizados e vinculados con esa persoa, terán o tratamento e protección que se indican na seguinte ligazón.

O uso da pulseira implica o coñecemento e aceptación da política de protección de datos da empresa organizadora, sen prexuízo dos dereitos que nesa materia correspondan á persoa usuaria.

ADMISIÓN

A Organización resérvase o dereito de admisión.

As persoas que vaian acceder ao recinto de concertos polos accesos sinalados pola Organización poderán ser rexistradas. O rexistro será realizado por persoas legalmente habilitadas e cumprindo coas disposicións legais en materia de control de accesos a recintos de pública concorrencia. A seguridade do público e dos/as profesionais que traballan no SonRías  Baixas é unha prioridade para a Organización. Para evitar riscos para a integridade das persoas e para a seguridade alimentaria, establécense as seguintes normas sobre introdución de obxectos, de comidas e de bebidas no festival:

A Organización do evento poderá denegar o acceso ou ben expulsar do recinto a quen incumpra as presentes Condicións Xerais de Uso, a quen desatenda as indicacións do persoal da Organización e de Seguridade e a quen provoque unha situación de risco para si mesmo ou para as outras persoas asistentes ao evento: manifestando actitudes violentas, portando drogas ou mostrando síntomas de consumilas, atopándose en estado de intoxicación aparente ou potencial, dificultando o desenvolvemento normal do evento, introducíndose en espazos de acceso restrinxido pola Organización, etc,

A comisión ou tentativa de comisión de calquera delitos, así como os danos á integridade persoal e/o propiedade persoal causados directa ou indirectamente á Organización, artistas ou empregados da mesma autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais que estime oportunas contra os causantes.

MENORES DE IDADE

En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Organización do Festival SonRías Baixas establece as seguintes normas de acceso para menores de idade:

 

En cumprimento da normativa vixente, a Organización establece as seguintes normas xerais para os menores de idade dentro do recinto de concertos:

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E IMAXE

Aos efectos dispostos pola Lei Orgánica 1/1982 do 5 de maio sobre protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, infórmase que o público asistente poderá aparecer DE MANEIRA INCIDENTAL* en imaxes tomadas por diferentes medios de comunicación, a Organización, terceiros autorizados por ela ou calquera artista para a súa posterior difusión, consentindo expresamente un uso promocional e/ou comercial das imaxes captadas. A asistencia ao evento supón a aceptación de que se faga uso, de forma gratuíta e sen contraprestación algunha, da súa voz, imaxe e nome en retransmisións televisivas, radiofónicas ou redes sociais, en directo ou en diferido, en vídeo, en fotografías ou en calquera outro medio ou soporte presente ou futuro.

*Enténdese por toma incidental de imaxes dunha persoa toda gravación de imaxes dunha persoa realizada con motivo da gravación de imaxes de grupo, paisaxes e outras similares que, inclúan a imaxe dunha ou máis persoas, que aparezan de modo aleatorio e non predeterminado con motivo de documentar eventos ou informar sobre acontecementos de actualidade, sen que o propósito da gravación sexa a fixación da imaxe da persoa ou persoas que nela aparecen, polo que, eventualmente, esta persoa ou persoas poden ser recoñecibles en función de como sexa a súa imaxe fixada.

O público asistente recoñece e acepta que a Organización ostenta e é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual, industrial e calquera outros, incluídos os de imaxe, derivados, directa ou indirectamente, das representacións artísticas ou calquera outras que tivesen lugar con motivo da celebración do SonRías Baixas, sen limitación territorial nin temporal, e sen ningunha outra limitación máis que as dispostas na vixente Lei de Propiedade Intelectual.

Para acceder con cámaras de uso profesional será obrigatorio contar cunha autorización da promotora, así como cunha acreditación do departamento de prensa da organización. Podes contactar connosco aquí para solicitala.

A posesión desta entrada non outorga o dereito ao seu posuidor ou a terceiros a utilizar a mesma, ou o seu contido, con finalidades publicitarias, de márketing, revenda ou de promoción (incluídos os concursos, agasallos e/ou sorteos). O incumprimento deste punto, sen autorización expresa e fidedigna da Organización, obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalización equivalente a mil veces o prezo da entrada máis cara do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Así mesmo, queda anulada a licenza incorporada na presente.

PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos facilitados tanto en web como na plataforma de compra de entradas serán comunicados á Promotora para a xestión do evento e dos seus clientes. 

A Organización resérvase a facultade de modificar as presentes Condicións Xerais previa publicación das mesmas por leste mesmo medio, sendo responsabilidade do usuario ou usuaria a súa debida lectura no momento de cada acceso e/ou utilización. 

Calquera reclamación deberá acompañarse obrigatoriamente coa presentación da entrada.