Aug 01, 2025
Comenzado hoxe e ata o domingo, Bueu hospeda unha das citas musicais ineludibles da tempada estival e musical da Península do Morrazo
Sen Senra, Carolina Durante, Judeline e Dani Fernández son algúns dos grandes nomes que se presentarán no festival nos próximos días, mostra un ano máis da aposta por ofrecer un evento aberto a todos os xéneros, interxeracional, e reflexo da nosa ecléctica escena musical
O corazón das Rías Baixas é epicentro da mellor música, unindo a rica proposta artística co atractivo da gastronomía local e as infinitas posibilidades de turismo de mar e montaña que ofrece a contorna
La Raíz / Credit: Rocío Cibes
O Festival SonRías Baixas deu hoxe o pistoletazo de saída ao seu vixésimo segunda edición, prolongándose dende esta xornada inaugural ata o domingo 3 de agosto.
La Raíz, que se despediron en 2018 precisamente no noso escenario de Bueu, volveron ao festival como protagonistas indiscutibles da xornada e como parte da súa Gira Reencuentro, coa que se atopan celebrando os seus vinte anos en activo, cumprindo esa promesa coa que anunciaron o seu parón fai oito anos e na que aseguraban que “Nos volveremos a ver”. Durante máis de hora e media de show, ofreceron desde o Escenario Fest Galicia un repertorio infestado de clásicos como "Eligiré", "Suya mi guerra", "Jilgueros", "Tren Huracán" ou "Rueda la corona", por nomear soamente uns poucos, cun público que coreou sen descanso todos os temas para acabar nun final apoteósico no que todo o recinto de As Lagoas cantou ao unísono os versos de "Entre poetas e presos".
Os encargados de abrir a xornada desde o Escenario El Águila foron Muyayo Rif, quenes tamén regresaron ao festival tras a súa experiencia en pasadas edicións e pechando etapa que durou vinte e cinco anos. Puidemos despedir á banda barcelonesa embargados de moita emoción sen sacrificar por iso as boas vibras e o optimismo que sempre caracteriza as súas actuacións, e compaxinado os seus temas clásicos con novos cortes no que xa será o seu último disco, “Megalithic”. Que viva o merengue punk!
Tamén o Escenario El Águila recibiu a Canteca de Macao, que regresan expresamente para celebrar os vinte anos de "Cachai?", o seu primeiro álbum e auténtica obra referente da mestizaxe e o compromiso social. Liderados polos sempre carismáticos Anita Kuruba e Chiki Lora contaxiáronnos o seu compromiso social en "Alternativa libertaria", "Qué pasa", ou "Sin solución", cancións cheas de reivindicacións que xa contiña o mencionado disco editado de 2005, e coas que recuperamos o debate de como puideron manter a súa vixencia dúas décadas despois.
Para pechar esta primeira xornada, Baiuca soubo manter os ánimos do público asistente ben arriba ata última hora, despregando a súa cada vez máis popular proposta de vangarda e electrónica que desemboca nunha reivindicación do folclore e a música tradicional galega sen precedentes. O novo show vira ao redor do seu último disco, "Barullo", e charrasco e percusión mediante, e flanqueado de novo polas irmás Montero e Antía Muíño.
Esta nova edición de SonRías inclúe unha trintena de nomes, constituíndo unha programación variada, reflexo da enorme heteroxeneidade que prima na música hoxe en día, e que unido á contorna inigualable onde ten lugar, en pleno corazón das Rías Baixas, constitúe ao festival como unha das citas imprescindibles do verán musical en Galicia.
SonRías Baixas é un festival promovido pola productora PlayPlan, responsables tamén do BIGSOUND Pontevedra. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu e co patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, a través da marca Rías Baixas Fest, así como da Xunta de Galicia, mediante Xacobeo e a marca Fest Galicia. O evento conta, ademáis co patrocinio de El Águila e Johnnie Walker, e Los40 como emisora oficial.