Os festivais SonRías Baixas e BIGSOUND Pontevedra firman un acordo coa Dirección Xeral de Xuventedo aprobando descontos co Carné Xove
Jun 23, 2026
AMBOS FESTIVAIS TERÁN UN DESCONTO DO 15% NOS SEUS ABONOS
A directora da Dirección Xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou esta mañá a oficina de PlayPlan, promotora dos festivais SonRías Baixas e BIGSOUND Pontevedra, para reafirmar a alianza dos eventos cos descontos no Carné Xove da Xunta de Galicia. Tras firmar o convenio, o festival BIGSOUND Pontevedra ofrecerá descontos do 15% na compra de 300 abonos para os beneficiarios do Carné Xove, así como o festival SonRías Baixas o 15% na compra de 200 abonos para os mesmos co código CARNEXOVEFESTIVAIS. Ademais, a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia estará presente en ambos festivais amenizando aos asistentes.
