SonRías Baixas finaliza a súa 22ª edición, a máis multitudinaria ata a data

Aug 04, 2025

A edición contou con memorables concertos de Dani Fernández, Carolina Durante, Judeline, Delaporte e Sen Senra e conseguiu durante as súas tres xornadas a máis de 33.000 asistentes

A 22ª edición de SonRías Baixas xerou un impacto económico no territorio de 3,1 millones de euros e cerca de 1000 empregos directos

Este ano tamén desfrutamos do retorno a Bueu de La Raíz ao escenario no que se despediron en 2008 antes do seu parón 

 

Dani Fernández / Credit: Javier Bragado 

 

Continuando a estela de crecemento experimentado nos últimos anos, o festival SonRías Baixas finalizou a súa edición número vintedúas batendo todos os récords de asistencia e conseguindo as estatísticas máis remarcables de toda a súa historia.

Sumando unha xornada máis este 2025, ata un total de catro días completos nos que o recinto de As Lagoas foi a sede dunha oferta músical tremendamente ecléctica e interxeracional, o evento pechouo o seu 22º aniversario con gran éxito reunindo a máis de 33.000 asistentes, consolidándose aínda máis coma unha das citas de referencia do verán na Península do Morrazo e ampliando a súa área de influenza unha vez máis por toda Galicia.  

Así, o impacto económico que deixa esta nova edición do SonRías Baixas na zona ascende a 3,1 millóns de euros, reflectindo o crecemento que está experimentando  o festival de maneira directa no texido turístico e hostelerio da localidade e tamén en todo o entorno da vila mariñeira. Xerou preto de 1000 empregos directos  e contou con empresas de proximidade para favorecer o emprego no territorio e poñer en valor produtos de km 0.

A vocación interxeracional do SonRías Baixas quedou un ano máis patente, reunindo a público de todas as idades, que continua sendo moi novo (rexistráronse máis de 870 menores, 450 deles menores de 12 anos, un 6,6%) e con unha porcentaxe de asistencia dun 60% de mulleres e 40% masculina.

SonRías Baixas 2025 foi tamén a edición máis completa do festival musicalmente falando e é de destacar o traballo da organización á hora de contar con grupos e proxectos de primeira liña liderados ou que contan con mulleres entre as súas filas, como Judeline, Cariño, Shego, Delaporte, Sabela, Nena Daconte, Marlena, Niña Polaca ou Pipiolas.

Non se rexistrou ningunha incidencia ao longo das catro xornadas do festival.  

Este último día Bueu recibiu a un dos artistas máis importantes da nosa escena musical, Dani Fernández. O de Ciudad Real e a súa banda soltaron “La Jauría”, nome que pon título ao seu novo disco e, xunto a La Raíz e Carolina Durante, foi o concerto máis multitudinario da edición. Á guitarra, ou sen ela adoptando un cariz máis íntimo e apoiado por unha banda que o leva acompañándo dende o inicio da súa andadura en solitario, Dani non para de trotar polas tablas e interactuar cun público no que vimos pancartas e, sobre todo, moitas caras de emoción cando o artista interpretou temas como “Bailemos”, “Clima tropical” ou “Dile a los demás”. 

Marlena voltou ao festival tras coroarse na Sesión Vermut do pasado ano e onde todo  o público desfrutou ao máximo coreando xunto a Ana e Carolina os versos de "Me Sabe Mal", "red flags", “bailamorena" ou "Último Baile". A súa volta foi tremendamente reclamada por todo o noso público, con baixada ao público incluída na parte final do show e con todo As Lagoas coreando "red flags". 

Outro artista ao que lle tiñamos botado o olllo dende o seu primeiro álbum e que por fin nos visitou (presentando o segundo, "La boca del lobo"), foi Carlos Ares. A representación galega do día conta cunha voz tremendamente persoal e na súa hora de actuación demostrou de sobra que sabe unir á perfección a súa proposta vangardista co amor polo rural e as súas raíces da nosa terra. 

Nena Daconte  estreou o escenario Fest Galicia máis forte imposible, comezando o seu set con "Tenía tanto que darte", unha das cancións máis recoñecibles da Historia do noso pop. Despregando sempre a súa personalísima voz e malia calor que tivemos no recinto durante a tarde, o público conectou co concerto repasando o seu novo disco e tamén recuperando hits dos 2000 como "Disparé", "Idiota" ou "En que estrella estará". 

A Pipiolas as altas temperaturas tampouco lles impediron dar un concerto tremendamente divertido e cheo de enerxía no escenario El Águila, sobradas de xuventude e actitude (¡ollo con elas!), e o encargado de pechar esta edición foi NDLR, nunha nova visita a Bueu e na que exprimiu todas as forzas que aínda nos quedaban para pechar un SonRías que, unha vez máis, deixounos grandísimos momentos para  o recordo ¡Vémonos no 2026! 

SonRías Baixas é un festival promovido pola productora PlayPlan, responsables tamén do BIGSOUND Pontevedra. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu e co patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, a través da marca Rías Baixas Fest, así como da Xunta de Galicia, mediante Xacobeo e a marca Fest Galicia. O evento conta, ademáis co patrocinio de El Águila e Johnnie Walker, e Los40 como emisora oficial.