Dec 12, 2024
O Festival SonRías Baixas foi nomeado a 12 categorías na novena edición dos Iberian Festival Awards. O público pode votar aos seus favoritos a través da súa páxina web oficial ata o próximo 17 de xaneiro. Os gañadores anunciaranse nunha gala que se celebrará o 15 de marzo no Pavillón Polivalente da localidade portuguesa de Almancil (Loulé).
O Festival opta aos premios das seguintes categorías:
Os Iberian Festival Awards, celebran en 2025 a súa novena edición, uns premios que recoñecen as mellores citas culturais do mercado portugués e español.
Na última edición, celebrada en Granada, o Festival SonRías Baixas recibiu o premio a Mellor promoción Turística, converténdose este no seu terceiro galardón nestes premios. En 2020, obtivo o Excellence Award para Jordi Lauren, director do festival, e en 2022, o premio á Mellor estratexia de comunicación e márketing.
SonRías Baixas é un festival promovido pola promotora PlayPlan, encargados tamén do recentemente presentado BIGSOUND Pontevedra. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu; e o patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas a través da marca Rías BaixasFest, e da Xunta de Galicia. O evento tamén conta co patrocinio de El Águila.