SonRías Baixas publica os seus horarios e pecha cartel con Sabela, Sobrezero e Kike Varela

Jul 21, 2025

O festival SonRías Baixas publica hoxe os horarios da súa próxima edición, que se celebrará na localidade de Bueu (Pontevedra) en apenas dúas semanas, durante catro xornadas entre o xoves 31 de xullo e o domingo 3 de agosto

A edición número 22ª do festival inclúe unha trintena de nomes que constitúen unha programación variada, reflexo da enorme heteroxeneidade que prima na música hoxe en día, e que unido á contorna inigualable onde ten lugar, en pleno corazón das Rías Baixas, constitúe ao festival como unha das citas imprescindibles do verán musical en Galicia. 

Como peche da súa ecléctica programación, tres artistas incorpóranse ao cartel: O sábado súmanse os madrileños Sobrezero, quinteto que co seu pop rock promete ofrecer mocidade, ganas e frescura e é que, como eles mesmos din, “Felicidad es enchufar los instrumentos y sonar”. O peche da xornada correrá a cargo de Kike Varela, un dos produtores de música electrónica máis importantes de Galicia.

A tradicional Sesión Vermú terá lugar, como en pasadas edicións, na xornada do sábado e estará protagonizada por dous artistas da terra que ambientarán o recinto de As Lagoas desde o mediodía. The Rapants volverá a Bueu tras a súa visita o ano pasado e a despregarán todo o seu repertorio incluído no seu último disco, "La Máquina del Buen Rollo”, e Sabela presentará os seus máis recentes singles, incluíndo "Camponarai", "Hi, My Love" ou "Eu Espero Aquí", na súa potente proposta de pop electrónico.