SonRías Baixas formará parte da nova tempada de FEST Galicia

Jul 19, 2021

O ciclo de concertos de Bueu contará co apoio da iniciativa cultural, que patrocina os eventos musicais galegos que destacan pola calidade das súas propostas e profesionalidade na organización. 

SonRías Baixas contará, de novo, co apoio de FEST Galicia. Un ano máis, o evento musical de Bueu manterá a súa participación na tempada desta iniciativa cultural, que pretende recoñecer e visibilizar os grandes eventos musicais galegos que, ademais do impacto económico nas súas respectivas comarcas e no conxunto da nosa industria musical, son tamén plataforma para a proxección da imaxe de Galicia no exterior. 

Jordi Lauren e Berta Domínguez, o tándem que dirixe SonRías Baixas (que se celebrará do 3 ao 8 de agosto), participou esta mañá na presentación da tempada de FEST Galicia, que inclúe tamén outros 12 eventos musicais galegos salientables tanto pola calidade das súas propostas como pola profesionalidade na organización. 

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, presenta a programación de Fest Galicia xunto aos representantes das empresas promotoras dos principais festivais de música galegos.

A adhesión á marca FEST Galicia neste 2021 supón un recoñecemento ao SonRías pola súa traxectoria e implicación no territorio no que se celebra; ao igual que as súas boas prácticas empresariais, o seu compromiso para a redución do impacto ambiental, o avance na igualdade tanto a nivel técnico coma artístico e a aposta por artistas e bandas do país; cuestións que se visualizarán sobre o escenario FEST Galicia a partir do vindeiro martes 3 de agosto. 

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, presenta a programación de Fest Galicia xunto aos representantes das empresas promotoras dos principais festivais de música galegos.