Praias salvaxes: o descanso máis natural
Ao amparo dos espazos protexidos de Cabo Udra, a Costa da Vela e o Parque Nacional das Illas Atlánticas, atópanse un gran número de praias e calas de carácter salvaxe nos que reconectar coa natureza e redescubrir o son do mar.
Entre as favoritas dos bañistas está a praia de Barra, unha icona das praias naturistas de Galicia, situada lonxe dos grandes núcleos de poboación e protexida por un sistema dunar e un gran piñeiral.
A punta Mexilloeira, separa esta magnífica praia das de Viñó e a de Nerga, ambas as de area fina e nun ambiente natural, ideais para tomar o sol e pasear. As tres forman parte do Complexo Dunar Nerga-Barra, aínda que a de Nerga ademais exerce o galardón de Bandeira Azul, o que a dota de maiores servizos ao longo do ano.

Praias de Bandeira Azul: garantía de calidade
O recoñecemento da Fundación Europea de Educación Ambiental a través da Bandeira Azul, vai no Morrazo un paso máis aló: a rexión conta non só con 12 praias de bandeira azul, senón con tres carreiros azuis ( Tirán, Cabo Udra e Donón) e un centro interpretativo (Cabo Udra) con este galardón. Forma parte do compromiso ambiental da rexión coa conservación da contorna, a seguridade e os servizos, completando así a protección outorgada pola Rede Natura 2000 e o amparo do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
No caso das praias, esta bandeira garante a calidade das augas para o baño, a información e educación ambiental para os usuarios das mesmas, unha adecuada xestión ambiental e instalacións, servizos e seguridade na tempada alta de baño.