ENTRADAS E POLÍTICA DE REEMBOLSO 2020

As persoas que tedes a entrada do Festival SonRías Baixas 2020 recibiredes un correo electrónico o xoves 20 de maio con información sobre as diferentes opcións que vos ofrecemos desde SonRías Baixas con respecto ás vosas entradas. Nese correo avanzamos que, en agradecemento pola vosa confianza, contaredes cun prazo de acceso prioritario para mercar calquera das entradas do ciclo de concertos do SonRías Baixas 2021. Esta prevenda exclusiva será entre as 18.00 horas do domingo 23 maio e as 10.00 horas do luns 24 de maio. A partir dese momento activaremos a venda de entradas para o público xeral.

  1. Queres gardar a túa entrada para o Festival SonRías Baixas 2022 e asistir a algún dos concertos do ciclo 2021?

Se a resposta é “si”, queremos que saibas que para o equipo SonRías es a persoa máis marabillosa do mundo. Logo desta confesión, na conta de correo electrónico da persoa que comprou as entradas do 2020 atoparás un acceso á prevenda das entradas do ciclo de concertos de 2021. Esta venda prioritaria activarémola o domingo 23 ás 18.00 horas, non faltes!

  1. Queres utilizar o crédito da túa entrada para asistir ao ciclo  de concertos SonRías Baixas 2021?

Este ano podes transformar o crédito do túa entrada en saldo para poder adquirir entradas para calquera dos concertos do ciclo deste verán. Só necesitas o código alfanumérico de 8 díxitos dunhas das entradas que mercaches no mesmo proceso de compra e o correo electrónico que indicaches ao realizar a compra e premer aquí. Obterás o código de canxe necesario para adquirir calqueira das entradas que desexes para 2021.

Este saldo só é válido para a compra de calquera dos concertos de SonRías Baixas 2021. Se utilizas o código desconto, a túa entrada para SonRías Baixas 2022 deixará de ser válida. 

  1. Queres gardar a túa entrada para o Festival SonRías Baixas 2022?

Estamos desexando verte, pero entendemos que prefiras agardar á próxima edición :) Neste caso, non tes que facer nada:  automaticamente a túa entrada será válida para o Festival SonRías Baixas 2022.

  1. Queres solicitar a devolución do importe da túa entrada.

O xoves 20 de maio recibirás un correo (na dirección que nos indicaches ao comprar a entrada) coas indicacións. Por favor, ten en conta que só se pode reembolsar o importe da entrada ao comprador orixinal. En cumprimento co establecido no artigo 36 de RDL 11/2020, deberedes solicitar a devolución antes do xoves 10 de xuño ás 23:59h. A partir do luns 14 de xuño, comezarán a ingresarse os importes das entradas, sen ningún custo adicional. Iso si, os gastos de xestión de compra non nos pertencen e, por tanto, non volos poderemos devolver. Se despois de 5 días laborables tras a finalización do plazo de solicitud da devolución non recibiches o reembolso da túa entrada, por favor, ponte en contacto con nós en devolucions@sonriasbaixas.info

Para solicitar a devolución, só necesitarás enviarnos un correo desde a conta coa que mercaches as entradas a devolucions@sonriasbaixas.info, indicando o nome e apelidos do comprador e achegando as entradas que queres devolver.

FAQS COMPRADORES 2021 

Como e cando podo transformar a miña entrada de 2020 en saldo para 2021?

Esta opción estará dispoñible a partir das 11.00 horas do xoves 20 de maio. Podes premer aquí. Para facelo, só necesitas o código alfanumérico de 8 díxitos dunhas das entradas que mercaches no mesmo proceso de compra, e o correo electrónico que indicaches ao realizar a compra. A partir dese momento, saberás cal é o teu saldo e o código desconto necesario para adquirir calquera das entradas que desexes para 2021.

Importante! Este saldo só é válido para a compra de tickets de calquera dos concertos do ciclo SonRías Baixas 2021. Lembra que se utilizas o código desconto, a túa entrada do Festival SonRías Baixas 2020 (e, polo tanto, para a edición de 2022) deixará de ser válida. 

Non sei se poderei asistir ao Festival SonRías Baixas 2022

Non te preocupes! Un par de meses antes do Festival habilitaremos a opción de cambio de nome, válido unha soa vez por entrada, por se non puideses asistir e queres ceder ou regalar a entrada a outra persoa.   

Onde e cando se celebrará SonRías Baixas 2021?

Desde SonRías Baixas levamos moitos meses traballando nunha programación adaptada á normativa sanitaria vixente e, logo de analizar as múltiples posibilidades, decidimos adiar a celebración do festival ao 2022, mais no seu lugar propoñemos unha experiencia impregnada do espírito SonRías Baixas: seis noites de concertos que terán lugar os días 3, 4, 5, 6, 7 e 8 de agosto de 2021 no recinto Multiusos da Estacada en Bueu (Pontevedra). 

Manterase o programa da edición 2020 no Festival de 2022?

Polo momento non podemos garantir que o programa do Festival SonRías Baixas 2022 vaia ser idéntico ao previsto na edición 2020, mais o noso compromiso é ter a programación máis enérxica e festiva que sexa posible! 

Podo asistir ao ciclo SonRías Baixas 2021 coa miña entrada de 2020?

Non. A túa entrada non é válida para ningún dos concertos do ciclo 2021, pero este ano podes transformar o crédito da túa entrada en saldo para poder adquirir entradas para os  concertos deste verán. Podes consultalo aquí.

Só necesitas o código alfanumérico de 8 díxitos dunhas das entradas que mercaches no mesmo proceso de compra e o correo electrónico que indicaches ao realizar a compra. A partir dese momento saberás cal é o teu saldo e o código de desconto necesario para adquirir calquera das entradas que desexes para 2021.

Quero que me reembolsen o diñeiro da precarga, pero quero conservar as miñas entradas para o 2022. Que teño que facer?

Sentímolo, pero non nos é posible xestionar esta casuística. Se pides a devolución, reembolsaráseche o diñeiro da entrada e da precarga, pero non podemos facelo por separado. 

Que pasa co diñeiro que tiña pre cargado na miña entrada, se a convirto en saldo?

Únicamente oderás utlizalo para mercar calquera das entradas dos concertos do Festival SonRías Baixas 2021.

Devolveranme o importe íntegro da miña entrada?

Si, salvo os gastos de xestión derivados do proceso compra da entrada, que non nos pertencen. O proceso de devolución non terá custo adicional para ti. 

Como me devolveredes o diñeiro da miña entrada?

Devolveráseche á mesma tarxeta de crédito que usaches para  comprala. e cambiaches de tarxeta ou número de conta desde que a que mercaches as entradas, por favor, indícanolo tamén para facer o reembolso. 

Ata cando podo solicitar o reembolso da entrada?

Ata o xoves 10 de xuño ás 23:59 h. 

Non recibín o correo. Que teño que facer?

Revisa a túa bandexa de spam ou correo non desexado e, se non recibiches o email o 21 de maio, ponte en contacto connosco aquí indicándonos o teu nome, apelidos e o e-mail que utilizaches para realizar a compra da entrada.

Como solicito a devolución do importe da miña entrada?

O xoves 20 de maio recibirás un correo (na dirección que nos indicaches ao comprar a entrada) coas instrucións para poder facelo. Por favor, ten en conta que só se pode reembolsar o importe da entrada ao comprador orixinal. En cumprimento co establecido no artigo 36 de RDL 11/2020, deberedes solicitar a devolución antes do xoves 10 de xuño ás 23:59h. A partir dese mesmo momento, comezarán a ingresarse os importes das entradas, sen ningún custo adicional. Iso si, os gastos de xestión de compra non nos pertencen e, por tanto, non volos poderemos devolver. Se despois de 5 días laborables non recibiches o reembolso da túa entrada, por favor, ponte en contacto con nós en festival@sonriasbaixas.info

Poderei solicitar un cambio de nome máis adiante?

Si! Un par de meses antes do festival, habilitaremos a opción de cambio de nome, válido unha soa vez por entrada, por se non puideses asistir ou se queres ceder ou regalar a entrada a outra persoa. 

Que pasa se non solicitei a devolución?

Se non solicitas expresamente a devolución do prezo da entrada, a túa entrada pasará automaticamente a ser válida para o Festival SonRías Baixas 2022. 

Podo gardar a miña entrada de 2020 para o 2022?

A túa entrada será válida automaticamente para o Festival SonRías Baixas 2022 se non  solicitas a devolución no prazo que marca a lei ou transformas o crédito en saldo para o ciclo de concertos deste ano.  

Canto tempo teño para transformar a miña entrada de 2020 en saldo de 2021?

Poderás utilizar o saldo ata o día dos concertos ou mentres non se esgoten as entradas. 

Quero que a miña entrada sexa válida para o Festival SonRías Baixas 2022. Que teño que facer?

Nada. Se non solicitas a devolución no prazo que nos marca a lei, a túa entrada será válida automaticamente para a edición do Festival SonRías Baixas 2022. Iso si, deberías recibir igualmente un correo con información respecto diso. Se non é así, por favor, ponte en contacto con nós a través do correo-e festival@sonriasbaixas.info. 

Que pasa co diñeiro que tiña pre cargado na miña entrada?

Se precargaras a túa pulseira ao comprar a entrada, o importe pasará automaticamente a estar dispoñible na túa entrada para o 2022. E, se solicitas a devolución, reembolsaráseche íntegro. 

Non poderei asistir ao SonRías Baixas 2022. Que teño que facer?

As persoas que comprastes unha entrada para o SonRías Baixas 2020 recibiredes un correo electrónico o xoves 20 de maio con información sobre como solicitar o reembolso do importe da vosa entrada e do saldo precargado na mesma, de ser o caso. Se compraches unha entrada e non recibiches esta información, por favor, ponte en contacto con nós a través do correo devolucions@sonriasbaixas.info 

Que necesito para pedir o reembolso da miña entrada?

Se es a persoa que comprou a entrada, recibirás un e-mail (na conta de correo electrónico que nos deches no momento de realizar a compra) coas indicacións. Para solicitar a devolución, só necesitarás enviarnos un correo desde a conta coa que mercaches as entradas a devolucions@sonriasbaixas.info, indicando o nome e apelidos do comprador e achegando as entradas que queres devolver.   

Se cambiaches de tarxeta ou número de conta desde que a que mercaches as entradas, por favor, indícanolo tamén para facer o reembolso. Lembrámoste que se realizará a devolución de todas as entradas realizadas baixo a mesma operación. 

Teño a entrada, pero comprouma un amigo. Que teño que facer?

A devolución do importe da entrada só a pode solicitar a persoa que realizou a compra da entrada. Deberás pedirlle ao teu amigo que che devolva o importe que ti lle entregaches para comprar a entrada.   

Non sabes se queres transformar a túa entrada en saldo e queres saber ata cando podes pensalo.

Poderás utilizar o saldo ata o día dos concertos ou mentres non se esgoten as entradas.