O Festival SonRías Baixas, que celebrará a súa 17ª edición os días 1, 2 e 3 de agosto en Bueu, pon hoxe á venda na súa web as súas primeiras entradas, cun prezo super reducido de 21 euros máis gastos, só para as 200 persoas máis rápidas. Os abonos para as tres noites de concertos dan acceso tamén á zona de acampada, para quen o solicite, sen custo adicional.

A organización do festival recorda que na pasada edición estas primeiras entradas se esgotaron en menos de 24h e anuncia, tamén, unha oferta de lanzamento para precargar as pulseiras cashless, que se empregarán un ano máis tanto para acceder ao recinto como para consumir nas barras, na área gastronómica ou e na tenda de merchandising oficial do Festival. As persoas que fagan agora a súa precarga recibirán un 10% máis de agasallo.

O SonRías Baixas dará a coñecer os primeiros grupos do cartel ao longo das próximas semanas, pero quere ofrecer agora ás persoas que confían ano tras ano na proposta musical do festival a posibilidade de facerse coas súas entradas por un prezo único