RECOMENDACIÓNS PARA O PÚBLICO DO SONRÍAS BAIXAS

Debes absterte de acudir ao festival se estás contaxiado/a ou con sintomatoloxía compatible coa Covid-19 (salvo, neste último caso, diagnóstico doutra enfermidade non infecciosa).

NOS ACCESOS

Acode coa antelación indispensable na franxa horaria que che recomendamos para evitar aglomeracións no exterior.

  • Protocolo de acceso: A entrada ao recinto realizarase pola rúa Jose María Estévez. Para garantir a seguridade e as medidas de distanciamento accederase por franxas horarias seguindo as seguintes indicacións:
    • Abonos para os dous días: de 20:00h a 20:45h.?
    • Entrada para un día comprada antes do 12 de xullo: de 20:45h a 21:30h.
    • Entrada para un día comprada despois do 12 de xullo: de 21:30 a 22:00h.

* Se non podes acudir na franxa horaria establecida, ponte ao final da cola de entrada e asegúrate de respectar a distancia mínima de seguridade coas outras persoas.

Ás 22:00h deberás estar sentado co teu asento asignado para gozar dos concertos.

  • É obrigatorio o uso de máscara, salvo as excepcións contempladas na lei.
  • Fai uso de Xel Hidroalcohólico dispoñible no control de acceso do recinto.
  • Debes respectar a distancia de seguridade interpersoal, salvo excepcións.
  • Controlaremos que se cumpra a debida de distancia social durante a espera de acceso. Os grupos de familias/amigos que asistan xuntos poden permanecer en grupo durante a espera.
  • Debes seguir as medidas de desinfección implantadas pola organización.
  • Ten a túa entrada preparada cando vaias acceder o recinto. Non a imprimas, recomendámosche que a traias no teu teléfono móbil.
  • IMPORTANTE: Os datos das entradas deben corresponder á persoa que vai acceder ao recinto. Pedirémosche o DNI na entrada.
    Se queres cambiar os datos dalgunha entrada, podes facelo de forma gratuíta aquí (https://venta.enterticket.es/cambios).
  • Debes seguir as sinais para ordenación de fluxos establecidas pola organización.
  • Non haberá despacho de billetes no recinto de concertos, as entradas -de non esgotarse con antelación- seguirán á venda online na web www.sonriasbaixas.info até o comezo do evento, poderase adquirir desde o teléfono móbil.
  • En caso de acudir con menores de idade, debes traer cuberta a autorización dispoñible na nosa páxina web, seguir as súas indicacións e deberás entregala ao acceder ao recinto na área habilitada para iso.
  • Se tes 16 ou 17 anos debes traer traer cuberta a autorización dispoñible na nosa páxina web, seguir as súas indicacións e deberás entregala ao acceder ao recinto na área habilitada para iso.
  • Os accesos realizaranse mediante unha soa fila, de tal modo que o primeiro da fila acuda ao momento de entrada que quede libre.
  • Non está permitido fumar o a cola.

DURANTE O EVENTO

  • Segue as indicacións do persoal da organización.
  • É obrigatorio o uso de máscara, salvo excepcións legais.

  • O espazo constará de cadeiras que serán ocupadas por orde de chegada de forma que se permitan os fluxos sen retencións nin aglomeracións e evitando o maior número posible de cruces entre persoas, especialmente cara a cara. Unha vez ocupadas as cadeiras non se poderá cambiar de asento nin cambialas de localización.
  • Facilitarase o agrupamiento de familiares convivientes ou grupos de persoas que acudan xuntas sen necesidade de distanciamento, sempre que este grupo poida manterse distanciado do resto de asistentes, conforme ás recomendacións xerais.
  • Non movas as cadeiras. Avisa á organización de ser necesario.
  • Está prohibido fumar nas cadeiras, se queres facelo podes levantarte e seguir as indicacións da organización para fumar nunha zona apartada da xente que está sentada.
  • Cumpre as medidas de hixiene, organización e prevención obrigatorias.
  • Se entraches con menores de idade, non te separes deles.
  • Evita en todo momento o contacto físico con outras persoas.
  • Extrema as precaucións nas zonas comúns (baños, colas).
  • Botarase do recinto ás persoas que manifesta e reiteradamente non cumpran as obrigas establecidas ou teñan un comportamento susceptible de poder contaxiar a outras persoas, acudindo, se é necesario, á autoridade policial para solicitar a súa axuda.
  • Utiliza as papeleiras de recollida de residuos distribuídas polo recinto.
  • Ao finalizar o evento, desaloxarase o recinto con calma e paciencia, de maneira ordenada e graduada pola rúa Jose María Estévez. Para garantir a seguridade e as medidas de distanciamento social, sairase por zonas, polo que vos pregamos que non vos movades da vosa zona asignada ata que volo indique o persoal de organización e que sigades as súas indicacións en todo momento.
    • * Por favor mantédevos sentados e sentadas ata que non sexa a vosa quenda de saída e respectade os avisos da organización

NA BARRA

O evento disporá de barra que contará con refrescos, auga, cervexa e copas.

  • Haberá unha fila única de acceso ao servizo, de tal modo que se vaia ocupando o posto ou unidade que quede libre, por orde.
  • Recomendamos o emprego de cartóns de crédito para pagar.
  • Queda prohibido o consumo en barra.
  • As bebidas serviranse en recipientes desbotables.
  • Haberá dispensadores de xel hidroalcohólico de obrigado uso antes de achegarse ao momento de servizo
  • Lembra non compartir a túa bebida con ninguén.

NO ASEOS

  • Estableceranse filas únicas e de acceso ao servizo de tal modo que se vaia ocupando o posto ou unidade que quede libre, por orde.
  • Utiliza o xel hidroalcohólico tanto antes de acceder como ao saír dos aseos
  • Baixa a tapa do inodoro antes de accionar a cisterna, para evitar a dispersión de aerosoles (mediante un cartel no habitáculo).
  • Situarase un cartel na porta de saída, agradecendo a hixiene de mans antes de acceder

NO MERCHAN

  •   Non se permitirá a proba de camisetas nin sudaderas.

EN CASO DE EMERXENCIA

  • Cóntase con dúas saídas de emerxencia para o público:
    • A propia de entrada, rúa Jose María Estévez.
    • A porta situada no lateral esquerdo do recinto mirando cara ao escenario. (ver plano)
  • Segue as instrucións que che indique a organización e o persoal de seguridade.
  • En caso de evacuación, mantén a calma e sal ordenadamente sen empuxar.