Moi importante

No caso de estar contaxiado ou sospeitar que poidas estalo, ou que teñas coñecemento de ter estado en contacto cun positivo, non debes asistir ao festival. Se tes síntomas compatibles coa COVID-19, por favor, lembra poñerte en contacto cos servizos sanitarios.

Para asistir ao festival non é necesario que fagas PCR ou que posúas o certificado de vacinación, xa que SonRías Baixas non é unha actividade de lecer nocturno e ten lugar no exterior, ao aire libre. Mais, insistimos: ante calquera sospeita ou posibilidade de ter COVID-19, queda na casa.

1. Uso obrigatorio da máscara

Desde SonRías Baixas recomendamos o uso de máscaras FFP2 ou, no seu defecto, quirúrxicas. En todo momento e lugar debes levar a máscara. Unicamente pódese retirar no momento específico de comer ou beber, ou nas zonas habilitadas para persoas fumadoras (tabaco), sempre e cando se manteña unha distancia interpersoal de, como mínimo, 2 metros.

As persoas sen máscara ou que non queiran poñela non poderán permanecer no recinto. E para acceder a el será imprescindible o correcto uso da mesma.

3. Hixiene de mans

No recinto existirán puntos de desinfección con xel hidroalcólico. Atoparás estes puntos nos accesos, barras, espazos de recarga, aseos e puntos de merchandising.

4. Distancia de seguridade

En todo momento debes respectar a distancia interpersoal de seguridade de 1,5 metros entre asistentes; agás nos casos que permite a normativa sanitaria vixente: convivintes ou unidades familiares.

5. Acceso ao recinto

O control de acceso realizarase mediante sistemas de validación de entradas, sen necesidade de contacto e a través de lectores de dispositivos móbiles. Recibirás no teu correo electrónico as indicacións pertinentes para o acceso ao espazo no que se celebrarán os concertos.

6. Tránsito e movemento no recinto

Ao chegar ao recinto, atoparás percorridos sinalizados para acceder a cada sector e indicacións de como circular entre eles. Respecta sempre os sentidos sinalados e as indicacións que che traslade o persoal do festival.

O recinto estará dividido en sectores con equipamentos independentes: cada zona terá a súa propia barra, aseos, punto de recarga e merchandising, de xeito que queda prohibido invadir un sector distinto ao da túa entrada.

Durante o evento só poderás abandonar o teu asento para acudir aos aseos ou a barra. Lembra que non podes cambiar de sitio, mover as cadeiras ou erguerte para outras accións que non sexan as comentadas.

O público poderá abandonar o recinto no momento no que o indique o persoal do festival, de xeito que non teñas présa por saír antes ca ninguén: cada sector e ringleira terá a súa propia quenda de saída.

7. Consumo de alimentos e bebidas

Só poderás quitar a máscara para o momento específico de consumo da bebida ou comida. Lembra que, por seguridade, non debes compartir os teus alimentos ou bebidas.

8. Método de pago

Desde SonRías Baixas recomendamos que non utilices diñeiro en efectivo. O método de pago realizarase con tecnoloxía contactless, vía recarga online e TPV.

9. Consumo de tabaco

Non estará permitido consumir tabaco ou dispositivos electrónicos de tabaco fóra da área destinada a tal fin; na que sempre se deberán respectar 2 metros de distancia interpersoal.

10. Información do festival e merchandising 

Co obxectivo de evitar ao máximo contactos innecesarios e aglomeracións puntuais, este ano non haberá puntos de información nin programas de man. Todo o que precises saber estará nesta páxina web e, se tes algunha dúbida, sempre podes consultar ao persoal do festival.

Lembra que tampouco se poderán probar os produtos á venda nos postos de merchandising.

11. Despacho de billetes e rexistro de asistentes

O despacho de billetes só estará habilitado en liña e a venda online unicamente permanecerá activa até 30 minutos despois do inicio da última actuación, polo que se precisas mercar unha entrada no prazo de tempo indicado, poderás facelo desde o teu dispositivo móbil.

Lembra que durante o proceso de venta, en cumprimento da normativa sanitaria vixente, realizamos o rexistro de asistentes para realizar o posible seguimento de contactos estritos. Por este motivo as entradas son nominativas e intransferibles. Unha vez merques a entrada, non estará permitido o intercambio de zonas, nin de sectores nin de localidades.

12. Cambios de datos de asistentes

Se non podes asistir, ou se queres regalar ou ceder a túa entrada a outra persoa, é a túa responsabilidade facer o cambio de datos de asistente. Debes facelo a través da web https://venta.enterticket.es/cambios. O cambio é gratuíto, mais só poderás realizar un cambio por entrada.

E se tes unha entrada pero que non está ao teu nome pero tes pensado asistir ao SonRías Baixas 2021, lembra pedir á persoa que mercou o ticket que cambie os datos na web https://venta.enterticket.es/cambios.