Unha das bandas emerxentes gañadoras tocará na XVII edición do festival, que se celebrará en Bueu os días 1, 2 e 3 de agosto, xunto a La Pegatina, la M.O.D.A, Boikot, Zoo, Zea Mays, Segismundo Toxicómano, Nao, Dakidarría, Muyayo Rif, Periferia Norte… e outros nomes que a organización do SonRías anunciará os próximos días.

As e os músicos e grupos afincados no Estado español que queiran participar poden inscribirse a través da páxina web sonidosmans.com, presentando un tema orixinal antes do 1 de abril. Un xurado formado por profesionais da industria musical seleccionará as mellores 50 propostas, que pasarán a ser semifinalistas e, entre estas, será o público quen designará as 25 finalistas. Por último, cada festival decidirá cal desas propostas formará parte do seu cartel.

Podedes descargar as bases, aquí