Bueu, 16 de abril de 2019.- O concurso Sonidos Mans, organizado por Estudos Mans e que conta un ano máis coa participación do Festival SonRías Baixas, chegou hoxe á fase de votación popular. O público pode votar na web do concurso as súas bandas favoritas, entre as 50 semifinalistas elixidas polo xurado, formado por Patricia Hermida, manager e vicepresidenta do International Music Managers Forum (IMMF); Javier Becerra, xornalista de La Voz de Galicia; e Nonito Pereira, editor de Mondo Sonoro.

Das máis de 300 propostas presentadas, o xurado elixiu 13 nomes de A Coruna, 7 de Pontevedra, 6 de Madrid, 5 de Barcelona, 3 de Vizcaya, 2 de Lugo, Islas Baleares e Valencia e 1 de Ourense, Albacete, Almeria, Badajoz, Cádiz, Ciudad Real, Navarra, Sevilla, Tarragona e Valladolid.

O prazo da votación popular remata o 30 de abril. Os 25 grupos máis votados serán os finalistas, entre os que a organización do SonRías elixirá o grupo que formará parte do cartel do festival, xunto con La Pegatina, La M.O.D.A., Zea Mays, Zoo, Iseo & Dodosound, Segismundo Toxicómano, Boikot, SÉS, Nao, Periferia Norte, Dubioza Kolektiv, Dakidarría, Muyayo Rif, Hakuna Tanaka, Nius de nit e Som do Galmpom.

TODAS AS BANDAS SEMIFINALISTAS

Røbinson (Cadiz), Marés Sonoras (A Coruna), The Conspiracy (Pontevedra), Carolina Rubirosa (A Coruna), cabezaborradora (Vizcaya), Red Gurd (Madrid), Iván Caride (Ourense), Polara (Albacete), AMBIGÜO (A Coruna), The Larvarians (Barcelona), EL BÚHØ (Pontevedra), Muntz (Ciudad Real ), Busker String Quartet (Badajoz), Teseracto (Pontevedra), Geométrica (Vizcaya), Delarge (Sevilla), Antifrágil (Pontevedra), AFTER LIFE (Vizcaya), Andrea Santiago (Navarra), Octubre Polar (Valladolid), Berta Franklin (Lugo), Iko Cuyagua (Madrid), Plane (Barcelona), WILD RIPPLE (Valencia ), Nitido (Pontevedra), Los Invaders (Valencia), Ominira (Barcelona), Bacon Radars (Islas Baleares), Allova (A Coruna), La Fiancée Solitaire (Madrid), Raquel Iglesias (A Coruna), TYCO BRAE (Tarragona), La Casa de los Ingleses (Pontevedra), LADRILLO Y MUJER (A Coruna), Artabe (Madrid), LOUDLY (Almeria), Miss Loopita (Barcelona), Los Canallas (A Coruna), Los Jinetes del Trópico (Lugo), Stuffed Soup (Islas Baleares), FAR (Barcelona), ATALAYA ROJA (Madrid), Elman (A Coruna), Beluga (Madrid), Battosai (A Coruna), Blackend (Pontevedra), Astrogirl (A Coruna), LORA (A Coruna), MOURA (A Coruna) e Moito! (A Coruna).