ACAMPADA
Durme a menos de 800 metros da praia e do recinto!
DENDE 15€
Compra o teu abono xunto co acceso á zona de acampada
COMPRAR ENTRADA + ACAMPADAGastos de xestión incluídos.
Aforo limitado
Xa tes a túa entrada?
Engade o acceso á zona de acampada antes de que se esgote
A principal zona de acampada do Festival SonRías Baixas está situada nunha contorna inmellorable, a 10 minutos a pé tanto do recinto do festival como da praia. No centro da vila de Bueu, terás todos os servizos e comodidades ao teu alcance.
O acceso principal, recomendado especialmente para carga e descarga, atópase na Rúa Ramón Bares. Ademais, a zona de acampada conta con dous accesos adicionais: pola Rúa Alexandre Bóveda e pola Rúa Pazos Fontenla.
Existe tamén unha segunda zona de acampada nas inmediacións do acceso principal, con entrada dende a Rúa Staffan Morling, que estará dispoñible unha vez se encha a primeira zona.
Tanto o acceso principal de Ramón Bares como o de Staffan Morling están situados xusto ao carón do Pavillón de Bueu, que permanecerá aberto as 24 horas para que poidas dispoñer de baños e duchas en calquera momento.
A acampada ten un custo de 22€ para os abonos e 15€ para as entradas dun só día, e dá acceso á zona de acampada durante os días correspondentes á túa entrada ao Festival. Podes engadila no proceso de compra ou máis adiante, dende aquí introducindo o código da túa entrada.
A zona de acampada é limitada, polo que recomendamos adquirila canto antes para non quedar sen praza.
A zona de acampada contará con todos os servizos básicos para unha estancia cómoda: baños, duchas, control de accesos 24 horas, servizo de limpeza e recollida de residuos.
O espazo é limitado e o acceso realizarase por orde de chegada.
Cando chegues ao festival, deberás trocala pola túa pulseira de acceso na taquilla.
Poderás acceder á acampada durante os días que correspondan coa túa entrada para o festival.
A zona de acampada contará cos seguintes servizos:
- Control de acceso durante todo o día (24 horas)
- Duchas e aseos
- Servizo de limpeza
- Papeleiras e illas de reciclaxe para a correcta separación de residuos.
Por razóns de seguridade, só está permitida a acampada con tendas de campaña. Non se poderán instalar “ceadores”, toldos, lonas, carpas ou outro elemento que supoña unha extensión horizontal ou vertical da tenda de campaña.
A acampada realizarase por orde de chegada, sen posibilidade de reservar espazos. En todo momento haberá que seguir as indicacións do persoal do Festival. Está prohibido acampar fóra da zona habilitada, incluídos os corredores.
O persoal do Festival poderá denegar a instalación de tendas de campaña ou doutros elementos que poidan resultar perigosos para as persoas ou as instalacións.
Está terminantemente prohibido suxeitar as tendas a elementos distintos do chan, como árbores, valos ou outras tendas. Non se poden atar cordas a estruturas que supoñan unha barreira ou risco para o resto de persoas.
Os accesos e as saídas de emerxencia deberán permanecer sempre despexados, garantindo a seguridade de todas as persoas acampadas.
Queda reservado o dereito de admisión.
Pulseiras: Coida a túa pulseira e lembra que hai que conservala durante os días que dura o Festival. Será necesaria para acceder á zona de acampada e validarase en cada entrada e saída. O seu uso é individual e intransferible, e calquera intento de manipulación e deterioro poderá supoñer a perda do dereito de acceso.
Comida e bebida: Está permitido acceder con bebida e comida, pero a organización resérvase o dereito a vetar a entrada de obxectos, sustancias ou materiais que se poidan considerar perigosos.
Descanso: A zona de acampada está pensada para o descanso. Non se permiten dispositivos de son nin ningún elemento que poida perturbar o descanso de veciños e campistas. O respecto e o silencio son esenciais para a convivencia.
Lume: Está terminantemente prohibido facer lume ou acceder con camping gas, candís ou calqueira elemento inflamable.
Mascotas e vehículos: Queda prohibida a entrada de animais (agás cans guía) nin de vehículos na zona de acampada.
A contorna: Tanto na zona de acampada como nas praias, é imprescindible manter o espazo limpo. Colabora levando cada residuo ao contedor correspondente. No SonRías Baixas colaboramos con Ecoembes e EcoVidrio para garantir a correcta separación dos residuos xerados durante o festival. Pedímosvos que tamén colaboredes levando cada residuo. Atoparás illas de reciclaxe repartidas pola zona de acampada e un punto limpo no acceso principal. Lembrade que as cabichas son moi contaminantes e difíciles de recoller, polo que pedimos máxima resposabilidade.
Obxectos de valor: A organización non se fai responsable de roubos, perdas ou danos nos obxectos deixados na zona de acampada. Recomendamos non traer pertenzas de valor.
Moitas grazas pola túa colaboración. Se tes algunha dúbida contacta connosco aquí.
