PREGUNTAS FRECUENTES

Comprei a miña entrada para un só día e agora quero ir os tres, que podo facer?

Non te preocupes, podes facer o upgrade da túa entrada aquí.

Podo facer un cambio de nome da miña entrada?

Si, todo o mundo ten a opción dun cambio de nome por entrada, que pode facer antes do 31 de xaneiro de forma gratuíta aquí, ou a partir desa data cun custo de 10€. Lembra que, aínda que cambie a titularidade da entrada, todas as comunicacións do festival se realizarán á persoa que compre a mesma. As entradas suxeitas a algún tipo de promoción (agasallos, sorteos, descontos...) non está permitido o cambio de nome. 

Comprei a entrada por internet, teño que levala impresa?

Somos un festival sostible, polo que a nosa recomendación é que non a imprimades. Podedes levar a entrada descargada no móbil tanto como pdf como no wallet. 

E se levo o DNI? 

Non te  poderemos deixar pasar só co DNI, tes que ensinar tamén o código da entrada.

Dispoño de descontos por estar en posesión do CARNÉ XOVE da Xunta de Galicia?

Si! As persoas titulares do Carné Xove da Xunta de Galicia poden beneficiarse dun desconto do 15% en 300 abonos aplicando o código CARNEXOVEFESTIVAIS no momento da compra. 

É un código de uso individual e persoal, non aplicable a grupos. 

Podo pagar a entrada co Bono Cultural Joven se estou en disposición do mesmo?

Si. Comprándoo mediante a tarxeta prepago habilitada polo Bono Cultural Joven e acreditando a compra subindo o ticket de compra á aplicación do mesmo. Lembra que só poderás utilizar o Bono Cultural para comprar a túa entrada, se queres adquirir algún complemento (acampada, recarga) poderás facelo despois.

Calquera dúbida relativa ao Bono Cultural Joven podes consultala aquí. Se tiveches algún problema no proceso de compra da entrada co Bono podes enviar un correo a ayuda@enterticket.es

Pode usar a entrada unha persoa distinta da que aparece na entrada?

Non, AS ENTRADAS SON NOMINAIS, a persoa que veña reflexada na entrada non poderá́ ser outra persoa diferente á asistente ao evento. A tal efecto se lle requerirá a todas as persoas asistentes o D.N.I. ou pasaporte para acreditar a súa identidade á hora de acceder ao recinto onde se celebran os concertos.

Que é o "servizo de recuperación de entradas"?

É un servizo que ofrece a ticketeira co cal se perdes a entrada poderás solicitar un reenvío da mesma

Onde está situada a zona de acreditación e pulseiración?

Este ano a zona para acreditar e pulseirar estará situada na Praza de Massó, a escasos metros da entrada do festival. 

No despacho de billetes subirán os prezos das entradas?

Sí, se o día da apertura de portas do festival aínda quedan entradas, o prezo será superior ao actual.

A que hora comezan os concertos?

O xoves 30 abriremos as portas do recinto ás 20h00. O venres 31 abriremos ás 17h00. O sábado 1 abrimos portas ás 12h00 para a Sesión Vermú e para os concertos da tarde e noite ás 17h00. 

A partir de que hora se poden recoller as pulseiras? E o despacho de billetes para a compra física no propio festival?

  • XOVES 30: 12h00 - 01h00 
  • VENRES 31: 12h00 - 01h00 
  • SÁBADO 1: 11h30 - 01h00 

A que hora actúa ___(poned aquí o nome do voso grupo favorito)___? 

XOVES 30 DE XULLO

20h00 Apertura de portas

 ESCENARIO XACOBEO 2027          ESCENARIO TURISMO RÍAS BAIXAS                                           ZONA GASTRO                   
21h10VEINTIUNO  20h00DUENDENETA DILLEIS
  22h25JUVENTUDE  
23h15ALCALÁ NORTE         
  00h30HOONINE  

 

VENRES 31 DE XULLO

17h00 Apertura de portas 

 ESCENARIO XACOBEO 2027       ESCENARIO TURISMO RÍAS BAIXAS                                        ZONA GASTRO                  
  18h30ULEX17h00EME DJ
19h20CHIQUITA MOVIDA    
  20h30RAGER  
21h10BARRY B    
  22h30SOBREZERO  
23h30ULTRALIGERA    
  00h45KIKE VARELA  
01h45ZAHARA RAVE    

 

SÁBADO 1 DE AGOSTO 

SESIÓN VERMÚ

12h00 Apertura de portas

              ESCENARIO XACOBEO 2027                               ESCENARIO TURISMO RÍAS BAIXAS                                                                      ZONA GASTRO                       
  12h15QUINKILLADA  
  14h00COOLNENAS  

 

 FESTIVAL

17h00 Apertura de portas

 ESCENARIO XACOBEO 2027       ESCENARIO TURISMO RÍAS BAIXAS                                        ZONA GASTRO                  
  18h10ALIZZA17h00EME DJ
19h00BIZNAGA    
  20h00GARA DURÁN  
21h00LA M.O.D.A.    
  22h30MR. KILOMBO  
23h30LA PEGATINA    
  01h00SONIDO GALLO NEGRO  
01h50NDLR    

Con canta marxe debemos chegar para acreditarnos e gozar despois dos concertos?

O proceso de  acreditación e pulseiración levará uns minutos, pero recomendamos pulseirar con dúas horas de marxe da hora na que queiras entrar ao recinto para evitar as colas e a saturación de última hora. 

Hai parking para furgos e caravanas?

O festival non dispón de ningún lugar habilitado para autocaravanas e furgos, pero o Concello de Bueu dispón do aparcamento de Autocaravanas de A Chadiza, nesta dirección. É de acceso de balde e sen reserva. Conta con servizo de baleirado de augas grises e billa de auga. 

De todas maneiras, no centro de Bueu poderás estacionar a túa furgo ou autocaravana nesta explanada que linda coa zona de acampada 1, no aparcadoiro público ubicado tras o Pavillón Municipal de Bueu ou no porto.

E se vou en coche? 

Podes consultar os aparcadoiros próximos ao festival aquí.

Poderemos entrar e saír do recinto libremente?

Si. Podedes entrar e saír todas as veces que queirades, mentres conservedes a pulseira en perfecto estado. 

Como podo acceder ao recinto do festival?

Para acceder ao recinto independentemente do tipo de abono ou entrada que adquiriches previamente, deberás trocar a túa entrada pola pulseira do festival na área e nos horarios e días de acreditacións que proximamente se indicarán.

Como se paga dentro do festival?

O sistema de pago dentro do festival funciona mediante CASHLESS: un sistema de pago electrónico, no que os usuarios agregan diñeiro ao chip que vén coa pulseira para pagar dentro do festival.

É un pago seguro?

100% SI, o pago realízase a través dun sistema cifrado de alta seguridade que imposibilita a copia de información e datos.

Podemos quitarnos a pulseira? 

Non. Tal e como recollen as condicións xerais, a pulseira é o único acceso válido para o recinto dos concertos e para a acampada. Esta pulseira é persoal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas. A organización colocará a pulseira ao usuario final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se repoñerá unha pulseira perdida. 

Poderase pagar con tarxeta?

Poderás cargar a túa pulseira cashless con tarxeta, nos puntos de recarga habilitados no festival ou vía online a través da ligazón que publicaremos próximamente.  Lembra que este será o único medio de pago admitido no festival. 

Que é a precarga?

É saldo que cargas na túa pulseira, para logo comprar na barra, posto de merchandising ou na zona de gastronomía do festival. Poderás recargar a túa pulseira ao realizar a compra da entrada e beneficiarte así da promoción, facelo máis adiante aquí ou durante o propio festival, nos distintos postos de recarga ou vía online.

Como cargar a túa pulseira?

  • Recarga anticipada: CARGA XA A túa PULSEIRA DESDE CASA. Podes facelo aquí se xa tes a túa entrada. O importe mínimo para a precarga online será de 20 euros e o máximo de 200 euros. 
  • Recarga in situ: Se non queres facer a precarga de maneira anticipada, no recinto de concertos terás dispoñibles varios puntos de recarga, xa sexa con tarxeta ou en efectivo. O importe mínimo será de 20 euros e o máximo de 200 euros. Durante o festival tamén poderás seguir facendo a túa recarga online nesta ligazón. 

As consumicións en barra, foodtrucks e merchandising pagaranse a través da pulseira, e poderás consultar o teu saldo en todo momento. 

Podo recuperar o saldo que me sobre na pulseira ao rematar o festival?

Si, habilitaremos a opción de que solicitedes a devolución dos cartos unha vez remate o festival.

Como funciona?

A pulseira entregaráseche o día do festival tras validar a túa entrada. Será obrigatoria para acceder e saír do recinto todos os días. Se realizaches recarga anticipada a través desta web ao comprar a túa entrada, o teu diñeiro estará xa dispoñible e a túa pulseira lista para usar.

Cando podo solicitar a devolución dos meus cartos?

Terás de prazo dende o mércores 5 de agosto ás 09h00 ata o xoves 27 de agosto ás 09h00. 

Que fago se me dá erro o código alfanumérico da miña pulseira ao solicitar a devolución?

Non te preocupes, co código da túa entrada tamén poderás solicitar o reembolso do teu diñeiro.

Termos e condicións

  • Para recibir o diñeiro sobrante será necesaria completar unha solicitude de devolución.
  • O período de devolucións comezará o mércores 5 de agosto ás 09h00 e rematará o xoves 27 de agosto ás 09h00.
  • O diñeiro da Promo Recarga non é reembolsable e será o último en consumirse.

Podo ir aos concertos da noite se teño menos de 18 anos?

Si. As persoas menores de 0 a 12 anos (incluídos) poderán acceder ao recinto coa súa entrada de menores de 12 anos, así como as persoas de 13 a 17 anos (ambas idades incluídas) deberán adquirir unha entrada de menores de 13 a 17 anos. Lembra que, en cumprimento da normativa vixente, as persoas menores de 16 anos deberán acceder ao recinto acompañadas do seu pai, nai, titor/a ou gardador/a legal. Podes consultar aquí as condicións de acceso completas.

Precisarán entrada para acceder ao recinto os menores de 12 anos?

Si, precisarán unha entrada para menores de 12 anos que poderedes comprar na plataforma de venda xunto coas entradas xerais ou na propia billeteira os días de celebración do festival. Estas entradas terán un prezo especial e cupo limitado ata esgotar existencias. Unha vez esgotadas, as persoas menores de idade poderán acceder igualmente, pero deberán adquirir unha entrada xeral. Estas entradas non dispoñen de modalidade por días, sendo válidas unicamente en formato abono para todo o festival. Unha vez na billeteira do festival, a entrada trocarase por unha pulseira para acceder ao recinto dos concertos. Lembra que, en cumprimento da normativa vixente, as persoas menores de 16 anos deberán acceder ao recinto acompañadas do seu pai, nai, titor/a ou gardador/a legal. Recoméndase que a persoa menor estea acompañada dentro do recinto en todo momento por unha persoa adulta responsable. Podes consultar aquí as condicións de acceso completas. 

Teñen que ir acompañados os menores de idade?

Si. En cumprimento da normativa vixente, as persoas menores de 16 anos deberán acceder ao recinto acompañadas do seu pai, nai, titor ou titora, ou gardador ou gardadora legal. Recoméndase que todas as persoas menores estean acompañadas por unha persoa adulta responsable durante a súa permanencia no recinto.

E os nenos pequenos, poden entrar aos concertos?

Aínda que non é un festival pensado especificamente para nenos e nenas, poderán acceder ao recinto sempre que adquiran a entrada correspondente.

Lembra que, en cumprimento da normativa vixente, as persoas menores de 16 anos deberán acceder acompañadas do seu pai, nai, titor ou titora, ou gardador ou gardadora legal.

En calquera caso, recoméndase que a persoa menor estea acompañada en todo momento por unha persoa adulta responsable durante a súa permanencia no recinto.

Precisan DNI os menores para acceder ao festival?

Si. Todas as persoas asistentes deberán mostrar o seu Documento Nacional de Identidade no momento de trocar a entrada pola pulseira de acceso ao recinto, incluídas as persoas menores de idade. Lembra que as entradas son nominativas, polo que deberán estar a nome da persoa que vaia asistir ao festival.

Pódese cambiar o nome dunha entrada de menor?

Si. As entradas son nominais, polo que deberán estar a nome da persoa que vai asistir ao festival. Podes realizar o cambio a través da plataforma habilitada para iso.

Hai entradas de día para menores de 12 anos?

Non. As entradas de menores de 12 anos non dispoñen de modalidade por días e son válidas unicamente en formato abono para todo o festival.

Como facemos para acreditarnos para entrar na acampada?

Teredes que acudir ao posto de recollida de pulseiras e canxear a vosa entrada, co complemento de acampada previamente adquirido, para trocala pola vosa pulseira. A propia pulseira será o voso método de entrada e saída da acampada.  

Onde está ubicada a acampada? Por onde se accede á mesma?

O acceso principal, recomendado especialmente para carga e descarga, está situado na Rúa Ramón Bares, aínda que a zona de acampada conta con dous accesos adicionais: un pola Rúa Alexandre Bóveda e outro pola Rúa Pazos Fontenla.

O acceso principal de Ramón Bares está situado xusto ao carón do Pavillón de Bueu, que permanecerá aberto as 24 horas do día para que poidas dispoñer de baños e duchas en calquera momento. 

A partir de que día e que hora podo entrar na zona de acampada?

Poderás acceder á zona de acampada durante os días que figuran na túa entrada:

ABONO 3 días: dende o xoves 30 de xullo ás 12h ata o domingo 2 de agosto ás 11h.

ENTRADA XOVES 30: dende o xoves 30 de xullo ás 12h ata o venres 31 de xullo ás 12h.

ENTRADA VENRES 31: dende o venres 31 de xullo ás 12h ata o sábado 1 de agosto ás 12h.

ENTRADA SÁBADO 1: dende o sábado 1 de agosto ás 12h ata o domingo 2 de agosto ás 11h.

E se chegamos o venres ou o sábado, como facemos para entrar na acampada? 

 Se chegades o venres ou o sábado teredes que coller a vosa pulseira nos postos de recollida de pulseiras, e poderedes acceder á zona de acampada a partir das 12h00 de cada un deses días (venres e sábado). 

Dende cando e ata cando podemos acampar se temos abono de 3 días e acampada?

Se tedes ABONO DE 3 DÍAS, poderedes acampar dende o xoves 30 de xullo ás 12:00h ata o domingo 2 de agosto ás 11:00h. 

Dende cando e ata cando podemos acampar se temos entrada de día e acampada?

  • XOVES 30: Se tedes entrada de xoves, poderedes acampar dende o xoves 30 de xullo ás 12h00 ata o venres 31 de xullo ás 12h00. 
  • VENRES 31: Se tedes entrada de venres, poderedes acampar dende o venres 31 de xullo ás 12h00 ata o sábado 1 de agosto ás 12h00. 
  • SÁBADO 1: Se tedes entrada de sábado, poderedes acampar dende o sábado 1 de agosto ás 12h00 ata o domingo 2 de agosto ás 11h00. 

A que hora temos que abandonar a acampada ao rematar o festival?

Teredes ata o domingo 2 ás 11h00.

Teño a miña entrada para o festival pero non collín a acampada, como podo facer?

Non te preocupes, se xa tes a túa entrada podes adquirir o complemento de acampada dende aquí, mentres exista dispoñibilidade.

Podo comprar o abono do Festival e coller a acampada máis adiante?

Si,  poderás coller a acampada en calqueira momento dende aquí, mentres exista dispoñibilidade.

Pódese entrar con mascotas á zona de acampada?

Non, agás coa excepción dos cans guía.   

Podemos acampar coa entrada dun só día?

Si.

Hai duchas na zona de acampada?

Habilitaremos as duchas do Pavillón Municipal de Bueu, que permanecerán abertas as 24 do día para que fagades uso delas.

Pódese entrar con bebida e comida á zona de acampada?

Revisa aquí as condicións de acceso á zona de acampada.  

Pódese acceder con un vehículo á zona de acampada?

Non, pero poderedes chegar en coche ata a entrada da acampada. O acceso principal, recomendado especialmente para carga e descarga, está situado na Rúa Ramón Bares.

Que tipo de tendas de campaña podo levar? Podo instalar tendas grandes?

Poderás levar calquera tipo de tenda de campaña sempre e cando vaiades a ocupar todas as prazas da mesma e respecte as condicións da zona de acampada. Poderás revisalas aquí.

Haberá zonas con enchufes na acampada?

 Si, no Pavillón Municipal. 

Poderemos comprar as camisolas do SonRías no Festival? 

Por suposto. Haberá un posto de merchandising durante todo o Festival.

Podemos entrar con comida e bebida ao recinto de concertos?

Si. Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con botellas de plástico brando con auga de ata 0,5 litros, sempre que estea precintada (desprecintarana na entrada), e con comida para consumo individual, envolta en tea, papel de aluminio ou similares. 

Podemos entrar con mascotas ao recinto dos concertos?

Non, agás coa excepción dos cans guía. 

Podo devolver o meu vaso?

Si, poderás devolver o teu vaso comprado nesta edición.

Cando e onde podo devolver o meu vaso?

Poderás devolver o teu vaso de SonRías nas barras, no seguinte horario:

  • Xoves: de 00:00h a 01:30h
  • Venres: de 00:00h a 03:00h
  • Sábado: de 00:00h a 03:00h

Haberá punto violeta no recinto?

Si. O Punto Violeta da Deputación de Pontevedra estará aberto o venres 31 de 18:15h a 21:15h e o sábado 1 de 12:00h a 16:00h e de 18:00h a 21:00h, onde vos poderedes informar sobre a prevención de agresións sexuais.

Podo reutilizar un vaso doutra edición de SonRías?

Si, podes traer un vaso doutro ano de SonRías e utilizalo, sen problema.

A praia está preto?

Estará habilitada a piscina municipal durante os días de festival?

Si. A piscina municipal de Bueu ofrece entradas de día para acceder ao ximnasio e á piscina durante os días de festival. Podes consultar a información aquí.

Haberá onde comer dentro do recinto de concertos?

Si, por suposto. E contaremos con comida vexetariana, vegan e sen glute.

Que é o seguro de non asistencia ingood?

Se chega o día dese concerto ou festival que ansiabas tanto e non podes gozalo, ingood é para ti! Co teu seguro de non asistencia ingood reembolsarémosche o importe da entrada no caso de que non poidas acudir ao evento sempre que se produza por algunha das casuísticas contempladas nas condicións da póliza (podes revisalo aquí), e LEMBRA! En caso de ter que facer uso do seguro solicitarémosche o documento correspondente para a súa xustificación e validamos co organizador do evento que a entrada non fose utilizada. 

Como funciona o seguro de non asistencia ingood?

Poñémoscho así de fácil! O seguro ingood cóbreche fronte a situacións involuntarias e xustificadas, como accidentes e/o enfermidades graves (onde o afectado sexas ti, un familiar ou a túa mascota), a demora ou imprevistos do transporte público para chegar ao evento, complicacións no embarazo, compromisos inesperados xustificables como convocatoria por organismos oficiais etc. Podes ler as condicións completas, aquí. 

Que non cobre o seguro de non asistencia ingood?

Aseguramos as túas emocións sen sorpresas! O seguro non cobre calquera continxencia non indicada nas condicións xerais, como a non asistencia voluntaria, nin calquera causa que non estea apoiada por un documento oficial que o xustifique. Tampouco cobre sinistros ocorridos antes da data de contratación do seguro ou despois do inicio do evento. Pero tranquilo! que podes ler as principais exclusións aquí. 

Como uso o seguro de non asistencia ingood?

Se non podes acudir a ese evento que tantas ganas tiñas de ir e as túas entradas están protexidas co seguro de non asistencia ingood... Queda tranquilo! que cho poñemos fácil. 

Para pedir o reembolso basta escribirnos a ayuda@ingood.es pasándonos a seguinte información: 

1. O número do localizador da entrada para cancelar.

2. O motivo da non asistencia e o seu xustificante

3. O nome completo e NIF do pagador da entrada e do afectado pola non asistencia ao evento en caso de non ser o comprador. 

Que sucede se o festival é cancelado ou aprazado?

Vaia! A suspensión ou cancelación do evento por decisión dos organizadores, independentemente da causa, non está cuberta polo seguro. Pero... Tranquilo! que no caso de que pola devandita suspensión ou cancelación devólvase o diñeiro das entradas, tamén se che devolvería o importe do seguro.

Podo usar o seguro de non asistencia da miña entrada aínda que non sexa o comprador das entradas?

Por suposto! Pode solicitar o reembolso das entradas o comprador das entradas ou o asegurado. Pero, importante! O reembolso do importe da entrada en caso de aceptación do sinistro farase sempre ao comprador das entradas.

Que pasa se o meu acompañante cancela a súa asistencia ao festival?

Dime con quen andas, e direiche: "ingood es"! En caso de compra de dúas únicas entradas con seguro para un mesmo evento, se o teu acompañante non pode asistir debido a algunha causa cuberta pola póliza, permíteseche solicitar o reembolso de ambas as entradas. Importante! A condición de que non fagas uso delas, OK? Podes ler as condicións completas, aquí. 

Que pasa se a miña mascota se enferma e non podo gozar do evento?

O primeiro é o primeiro! Se pasa algo coa túa mascota que che impida ir ao evento que tanto esperabas, o seguro de non asistencia ingood está para asegurarche. Basta que nos escribas a ayuda@ingood.es contándonos o motivo da non asistencia e o seu documento correspondente. Podes ler as condicións completas, aquí. 

Que pasa se non podo acudir ao evento por avaría ou atraso no transporte?

Oxalá poder teletransportarnos! Pero caso non poidas gozar dese tan esperado evento por interferencia no transporte público ou por avaría no teu vehículo que che imposibilitou a asistencia, ingood reembólsache a entrada. Basta que nos escribas a ayuda@ingood.es contándonos o motivo da non asistencia e o seu correspondente xustificante. Podes ler as condicións completas, aquí.  

Que pasa se me equivoco na compra da miña entrada/abono, podo acudir ao seguro de reembolso por non asistencia?

Tranquilo…Sabemos que non sempre temos a cabeza connosco. O seguro ingood non cobre casos de non asistencia voluntaria (información completa aquí), así que para toda xestión xeral ou modificación sobre as túas entradas por favor escribir a info@PARTNER.com A modificación na túa entrada, sempre que realizada co promotor oficial do festival, repercutirá á respectiva póliza do teu seguro ingood. De nada ;) 

Se liches todo e segues tendo dúbidas respecto ao seguro de non asistencia ingood…

Aquí estamos para axudarche! Para máis dúbidas podes poñerche en contacto connosco a través da caixa de correos ayuda@ingood.es e responderémosche á velocidade do raio! 

Galicia Fest
Galicia Fest