Lendakaris Muertos, Santa Salut, Boikot, Samuraï, 30s40s50s e ETS inauguran hoxe o 20 aniversario do SonRías Baixas

Aug 02, 2023

O evento comezou onte cunha festa de benvida para os primeiros festivaleiros que xa están ubicados na zona de acampada e extenderase ata o sábado 6 de agosto

Esta edición celebra os vinte anos do festival, sendo unha das citas estivais musicais ineludibles das Rías Baixas e a Península do Morrazo

Natos y Waor, La Pegatina ou Macaco completan a programación que, un ano máis, aposta polo eclecticismo. En Bueu sonará rock, ska ou rap grazas á presenza de bandas consolidadas e tamén de novas promesas

 

Bueu, 2 de agosto de 2023 - Este xoves 2 de agosto comeza a 20ª edición do Festival SonRíaz Baixas, ubicado en Bueu, e que se extenderá ata o próximo sábado 5 de agosto afianzándose como unha das citas musicais esenciais da Península do Morrazo.

Este ano adiantouse a apertura da zona de acampada á noite do mércores, albergando o recinto unha festa de benvida que xa contou cun notable número de festivaleiros e que se alargou ben entrada a noite, ambientada con moita música e varios food trucks.

Hoxe xoves da comezo a programación oficial que ten como protagonistas a Lendakaris Muertos, Santa Salut, Boikot, Samuraï, 30s40s50s e ETS, mostra do eclecticismo musical que é xa selo do festival e incluindo na súa oferta a bandas consagradas e coñecidas por todos e tamén a talento emerxente.

A noite comezará no Escenario Fest Galicia a cargo de 30s40s50s, banda de recente formación formada por Bely Basarte, David Otero e Tato Latorre e que ofrecerán a súa proposta chea de guitarras noventeiras distorsionadas con sintes e programación. A continuación, no Escenario Turismo RíasBaixas será o turno de Samuraï, que chega ao festival por primeira vez como precursora do pop-punk 2K (dosmileiro) e presentando o seu novo EP, "Artillería", no que os sons rachados conviven coa intensidade e a profundidade emocionais.

Dúas bandas que xa participaron en anteriores edicións voltan ao festival para celebrar o noso 20 aniversario: Por un lado e directos dende Pamplona, Lendakaris Muertos descargarán o seu punk ortodoxo, rápido e cheo de letras irónicas combinando humor e crítica social, e dende a capital e seguindo a mesma liña, os madrileños Boikot farán gala do seu punk rock urbano cheo de compromiso social e letras con mensaxe.

Pola súa parte, Santa Salut agasallaranos a súa primeira visita ao Morrazo e sen dúbida, arrollará co seu desborde de actitude hip-hopeira chea de temática social, revolucionaria e feminista. Os encargados de pechar esta primeira xornada serán ETS, nunha homenaxe ás personas, á rúa e á cultura popular e que defenderán en directo o seu novo disco, “Guretzat”.

A programación continuará o venres 4, con Natos y Waor como protagonistas da xornada, e ao longo do sábado 5, recibindo a La Pegatina ou Macaco, e cunha sesión vermú a mediodía que contará coas actuacións de Lamatumbá e Ortiga e Pili Pampín.

SonRías Baixas 2023 é un festival promovido pola promotora PlayPlan Cultural. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, RíasBaixas Fest e Xunta de Galicia a través do Xacobeo e do programa FEST Galicia. O evento tamén conta co patrocinio de El Águila e Johnnie Walker.

DESCARGA FOTOS DE LA FIESTA DE BIENVENIDA AQUÍ
DESCARGA EL PRESSKIT DE SONRÍAS BAIXAS 2023 AQUÍ